Con maxia de perto, xogos de cartas, cordas e panos, o mago Pedro Bugarín engailou aos pequenos/as -e non tan pequenos/as- que asistiron á primeira función do ciclo de maxia e contos que organiza a Concellería de Cultura de Fene no Nadal. O espectáculo, titulado "Mundo máxico", reuniu no salón de actos da Casa da Cultura a máis de medio de cento de persoas.