Novas

17-01-2018

Fene vai de entroido!

O Concello repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes, o prazo para inscribirse remata o 2 de febreiro.
10-01-2018

Recital de guitarra clásica de Iria Quintía na Casa da Cultura de Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este venres, 12 de xaneiro, un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero.
05-01-2018

Vinte paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar na cabalgata de Fene

Todos os/as nenos/as que se apuntaron para participar como paxes reais na cabalgata das SS.MM. os Reis Magos de Oriente tomarán parte no desfile de hoxe 5 de xaneiro.
26-12-2017

Semana de maxia e contos na Casa da Cultura de Fene

Con maxia de perto, xogos de cartas, cordas e panos, o mago Pedro Bugarín engailou aos pequenos/as -e non tan pequenos/as- que asistiron á primeira función do ciclo de maxia e contos que organiza a Concellería de Cultura de Fene no Nadal. O espectáculo, titulado "Mundo máxico", reuniu no salón de actos da Casa da Cultura a máis de medio de cento de persoas. 
18-12-2017

O Apalpador visita aos escolares de Fene

O Apalpador visitou os colexios A Xunqueira, Centieiras e Jorge Juan  e mañá achegarase ao CEI Sillobre e aos colexios Os Casais e O Ramo.
 
14-12-2017

O Nadal chega a Fene

A poucos días do comezo das festas, o CMI Unidade de Fene acollerá este sábado o tradicional festival de panxoliñas
08-12-2017

O Concello de Fene presenta un completo programa de actividades para o Nadal

O ciclo, organizado pola concellería de Cultura, incluirá contacontos, exposicións, teatro, maxia, concertos e a tradicional cabalgata de Reis.
01-12-2017

Fene destina 130.000 euros a colaborar coas entidades sociais e deportivas do municipio

O Concello publica as bases das subvencións para as entidades do territorio e asinará en breve os convenios nominativos para subvencionar preto dunha vintena de actividades
30-11-2017

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude das Subvencións a Entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas no 2016

Apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas ou educativas que favorezan a participación entre a veciñanza; contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións así como para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención. Son os principais obxectivos dunha nova convocatoria de Subvencións a Entidades sen Fins de Lucro que ven de aprobar o Concello de Fene. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 15 de decembro.
30-11-2017

Nace en Fene o colectivo poético Moraima (A Grafía da emoción)

O pasado día 23 constituiuse na Casa da Cultura de Fene a agrupación poética Moraima [A Grafía da emoción], formada por participantes no obradoiro de escritura literaria organizado recentemente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Concello e a Deputación da Coruña. A finalidade do colectivo é promover a creación en lingua galega, ademais de espallar a fala, a cultura e a tradición por toda a comarca.