A cantautora mugardesa Sofía Espiñeira, gañadora do II Certame de Canción de autor en galego do concello de Teo 2015, presenta este venres en Fene o seu primeiro traballo discográfico.
Con este concerto, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura, chega ao seu fin o ciclo “Sons diversos” que organizou durante os meses de maio e xuño a Concellería de Cultura de Fene, no marco do programa “Cultura no Camiño´17”. Entrada de balde até completar o aforo (120 localidades).