O Concello de Fene iniciará o próximo venres os actos conmemorativos do centenario das escolas de instrución dos “Naturales de Fene”, co que se pretende recuperar unha importante parte da memoria histórica local xurdida arredor das escolas fundadas pola emigración de principios do século XX.
O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988.
Xornada de convivencia interxeracional que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, coa colaboración do movemento asociativo do Concello, e que terá lugar hoxe mércores, 13 de xullo, na Praza do Concello.