Novas

18-09-2025 -

O goberno local de Fene supervisou o avance das obras de mellora de pluviais e pavimentos en Buios

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, desprazouse esta mañá a Buios para comprobar o avance das obras de mellora da rede de pluviais e pavimentos que se están a executar nesta zona. Na visita estivo acompañada pola concelleira de obras, Mª Carmen Martínez, e polo primeiro tenente de alcaldesa e edil de urbanismo, Manuel Polo.
Estas actuacións buscan resolver as deficiencias de drenaxe que se viñan rexistrando, así como mellorar a seguridade viaria. As obras inclúen a renovación completa da capa de rodaxe, a ampliación da sección de pas
18-09-2025 -

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene

As persoas que desexen apuntarse neste club de lectura para público adulto poderán facelo desde hoxe, presencialmente na propia biblioteca, ou por teléfono no 981 342 302, en horario de 16.00 a 21.00 horas (agás os sábados nos que o horario é de 10.00 a 13.00 horas). Para participar, unicamente cómpre ter interese pola lectura xa que as persoas que formen parte do club, deberán ler ao mesmo tempo as mesmas obras, de xeito individual. A biblioteca proporcionará un exemplar a cada membro, previamente inscrito.
16-09-2025 -

Fene acolle un curso de Competencias dixitais, nivel intermedio

Curso; cuxo obxectivo principal é mellorar as competencias dixitais e aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías; dirixido a persoas con competencias dixitais básicas, desempregadas ou en situación de mellora do emprego que teñan a demanda de emprego activa no momento de inicio da formación.

Para participar, cómpre asistir á xornada de presentación que terá lugar o xoves 18 de setembro, ás 10.00 horas, no Salón de Plenos do Concello e presentar o DNI e a demanda de emprego.
 
16-09-2025 -

Clausura do 11º obradoiro dual de emprego REINICIA

A alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, participou este mediodía en Ares na clausura do 11º obradoiro dual de emprego REINICIA. Tamén asistiron representantes dos Concello de Ares (municipio anfitrión nesta anualidade) e Mugardos, xunto coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros.
16-09-2025 -

Fene únese un ano máis á Limpeza Simultánea de Ríos

Dúas entidades fenesas, AETNA e a Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula, participarán na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos, que terá lugar este domingo, 21 de setembro.
16-09-2025 -

O VII Festival Internacional Entes Animados volta a Fene e a outros sete concellos da contorna

Con presenza dunha representación dos Concellos e entidades participantes, o Hotel Almirante de Ferrol acolleu este mediodía a presentación do 7º Festival Internacional Entes Animados que se celebrará do 19 ao 28 de setembro (fins de semana). Ao longo do certame, oito compañías procedentes de Portugal, Brasil, Francia, Arxentina, Bélxica e España achegaranse até os concellos de Ares, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos (que participa a instancias da entidade Apelón Educación), Narón, Neda e Valdoviño para presentar os seus espectáculos que abranguen “desde o teatro de títeres de luva até a narrativa teatral máis engaiolante”.
12-09-2025 -

O luns día 15 de setembro abre o prazo de inscricións no proxecto Indira

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha de novo o mércores 8 de outubro o Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.
10-09-2025 -

O Concello de Fene cumpre coa lexislación ante o perigo que supoñen os eucaliptos no Parque Lineal do Río Cádavo

O Concello de Fene informou da inminente corta dunha serie de eucaliptos de gran porte situados en terreos particulares no entorno do Parque Lineal do Río Cádavo. Trátase dunha actuación necesaria para dar cumprimento á lexislación e responder ao perigo real que supoñen estes exemplares, en cumprimento tamén das advertencias trasladadas en varios informes policiais.
As árbores, plantadas na década de 1950, superan a altura de edificios de cinco andares e xa teñen causado diversos incidentes: desde caídas de pólas de grandes dimensións até a entrada dunha delas nunha vivenda tras romper un ventanal. Ademais, xeraron varias reclamacións por parte das comunidades de propietarios, que viñan alertando da inseguridade que supoñen para a veciñanza.
09-09-2025 -

Cambio no horario da Casa da Cultura a partir do 15 de setembro

Na recta final do verán, a Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público das distintas dependencias da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé, Museo do Humor Xaquín Marín, aula de estudo e sala de exposicións temporais). Así, a partir do vindeiro luns 15 de setembro retomarase o horario de inverno nesta instalación: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
05-09-2025 -

O FeneRock celebra a súa XXII edición no Paseo de San Valentín con tres días de música

O Paseo de San Valentín convértese esta fin de semana no epicentro da música en directo coa celebración da XXII edición do FeneRock, organizado pola Asociación Cultural Centolos. A programación arranca hoxe venres e prolongarase até o domingo, 7 de setembro, cun cartel cheo de grupos referentes do rock e da música alternativa.