Novas

04-09-2025 -

As sociedades sen fins de lucro, de alta no rexistro de entidades do Concello de Fene, poderán solicitar desde mañá a subvención de concorrencia competitiva para o ano 2025

Publicado no BOP 4 de setembro, o extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2025. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento e actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento, necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento dasactividades obxecto da subvención. A contía máxima das subvencións por entidade ascenderá a 15.000 € no caso das entidades deportivas, a 12.000 € nas culturais e 1.500 ás ANPAS. Unha vez publicado o estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación de solicitudes terá lugar desde o 05/09/2025, ata ás 14.00 horas do 14/09/2025.
03-09-2025 -

Brassica Rapa actúa este sábado no Fenerock da man do Concello de Fene e da Rede Cultural da Deputación

A piques de comezar o Fenerock, que organiza a AC Centolos, a Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación, anuncia para este sábado, 6 de setembro, o espectáculo Ghrelo power, a cargo do grupo Brassica Rapa. A función comezará no Paseo Marítimo de San Valentín ás 12.30 horas, con entrada libre e de balde.
02-09-2025 -

Fene celebra unha nova edición do seu Outlet con grandes descontos no comercio local

Esta fin de semana regresa unha das citas máis agardadas do comercio local: o Outlet Fene, que se celebrará os días 5, 6 e 7 de setembro, organizado polo Concello de Fene en colaboración coa Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” e coa colaboración económica da Deputación da Coruña.
O evento desenvolverase en horario de venres e sábado de 10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h, e o domingo de 11:00 a 13:30 h. Será unha excelente oportunidade para atopar produtos de calidade a prezos moi rebaixados, ademais de desfrutar dun ambiente festivo, con animación e decoración especial nos comercios.
01-09-2025 -

As pinturas expresionistas e surrealistas de Daniel Mouriz inundan de cor a Casa da Cultura de Fene

“Ao descuberto” é o título da exposición que o pintor ferrolán Daniel Mouriz amosa desde este martes na Casa da Cultura de Fene. A mostra recolle máis de 50 obras nas que o autor desprega a súa visión abstracta da realidade, a través de estruturas expresionistas e surrealistas. Nalgunhas obras, aplícanse elementos minerais e vexetais, así coma materiais reciclados, tales coma papel, cartón, madeira, plástico, principalmente sobre lenzo, pero tamén sobre vidro e cartulina montada en cartón pluma.
29-08-2025 -

O Concello de Fene foi beneficiario en 2025 de varias axudas da Deputación da Coruña

27-08-2025 -

O luns 1 de setembro a piscina municipal e o Pavillón Municipal A Xunqueira abren as súas portas

Nesta liña, durante o mes de setembro, os horarios de apertura ao público nas instalacións deportivas serán:
PISCINA MUNICIPAL DE CENTEIRAS
De luns a venres horario de apertura de 17:00 a 22:00 h.
Sábados de 17:00 a 20:00 h.
Domingos instalación pechada.
Durante este mes no horario de apertura estarán dispoñibles as seis rúas e o ximnasio de musculación para uso libre.
PAVILLÓN MUNICIPAL A XUNQUEIRA
De luns a venres, para os adestramentos de pretempada, de 18:00 a 22:00 h.
27-08-2025 -

Teatro ao cubo na Romaría do Pote de Maniños

A tradicional Romaría do Pote que organiza a ACRD O Pote de Maniños, celébrase este domingo, 31 de agosto. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura (en colaboración co programa Rede Cultural da Deputación) anuncia para ese día o espectáculo Ghop!, de Teatro ao cubo. A función, dirixida a todos os públicos, comezará na asociación ás 12.30 horas, con entrada libre e de balde.
25-08-2025 -

As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 9 de setembro

A Concellaría de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 9 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.

Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 9 e 10 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: Do 11 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 18 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
25-08-2025 -

As citas para apuntarse nas escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o 9 de setembro

A Concellaría de Deportes e Cultura informan dos prazos de inscricións nas escolas municipais de Fene. Isto é, o prazo de matrícula presencial estará aberto do 12 ao 18 de setembro e será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira. As citas poderán solicitarse a partir do 9 de setembro, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
Para solicitar CITA PREVIA para realizar a inscrición temos que ter en conta os seguintes prazos:
Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 9 e 10 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: Do 11 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas

A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812

O calendario de inscricións nas distintas disciplinas será do 12 ao 18 de setembro. A inscrición realizarase o día e á hora asignado con anterioridade.
 
 
14-08-2025 -

Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República

O Concello de Fene celebrará este luns  18 de agosto, a partir das 12.30 horas, o acto de homenaxe e lembranza a Ramón José Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. A homenaxe terá lugar no salón de plenos do Concello, e contará coa paricipación da escritora Anxos García Fonte e o deseñador Carlos Sardiña para falarnos da súa obra A morte nas fragas.

No decurso do acto, procederase ao visionado da curtametraxe Os fíos da memoria, elaborado por Xarda e haberá unha ofrenda floral na praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura