Novas

03-06-2025 -

Fene prepárase para unha edición da “Fashion Night”, que se celebrará o sábado 7 de xuño

Fene vivirá o sábado 7 de xuño unha nova edición da Fashion Night, un evento que reunirá moda, música e animación nas rúas, cun claro obxectivo: promover o comercio local e dinamizar a vida social e económica do concello. A actividade, organizada pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos "O Cruceiro" coa colaboración do Concello de Fene, desenvolverase de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas, nos 24 locais participantes, que ofrecerán descontos especiais, ofertas exclusivas e un ambiente único para as compras.
03-06-2025 -

San Xoán e San Pedro 2025

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude para a comunicación de fogueiras en terreos públicos e particulares para o San Xoán e San Pedro 2025.

A comunicación afecta a aquelas luminarias que teñan lugar en terreos públicos e particulares, os días 23 e 28 de xuño, a partir das 20.00 horas e ata ás 01.00 horas dos días 24 e 29 de xuño respectivamente, quedando estas perfectamente apagadas.
02-06-2025 -

A II Xornada Literaria no Pote reunirá en Maniños a máis dunha vintena de escritores e escritoras

A Concellería de Cultura organiza coa SCRD O Pote de Maniños e Aetna a II Xornada Literaria no Pote, encontro no que tamén colaboran a Asociación Galega de Escritores, Imprenta Sanesteban e Eroski. A escritora, actriz e contacontos fenesa Paula Carballeira e a gañadora do Premio Xerais 2024, Marta Villar, serán dúas das protagonistas desta actividade que se desenvolverá o venres 13 de xuño, a partir das 19 horas, nas instalacións da entidade de Maniños. A II Xornada Literaria no Pote incluirá unha pequena feira do libro con venda e sinatura de exemplares, coloquio e presentación de novidades literarias.
02-06-2025 -

Reserva de prazas para as escolas culturais e deportivas municipais do Concello de Fene 2025-26

As Concellerías de Cultura e Deportes abrirán o vindeiro 9 de xuño -para o alumnado matriculado no mes de maio´25, nas culturais, ou no mes de xuño´25, no caso das deportivas- o prazo de reserva de prazas para o vindeiro curso nas escolas de música (solfexo, piano e guitarra), piscina, pavillóns, kárate e judo. As solicitudes tramitaranse presencialmente no Pavillón da Xunqueira de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas e os mércores do mes de xuño, tamén en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas. O alumnado de Fene poderá realizar a súa reserva do 9 ao 20 de xuño e o de fóra de Fene ou de Fene terá de prazo do 23 de xuño ao 2 de xullo.
30-05-2025 -

O alumnado e profesorado do Ceip Plurilingüe de Centieiras presenta a súa exposición Transformarte na Casa da Cultura

O vindeiro luns, 2 de xuño, inaugúrase na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22) a mostra de artes plásticas Transformarte, unha exposición que xorde do “proxecto documental integrado sobre arte” que promoveu o colexio Centieiras neste curso. O acto terá lugar ás 10.00 horas e contará coa presenza dunha representación da comunidade educativa do centro xunto co concelleiro de Cultura, Justo Ardá. Transformarte poderá visitarse até o vindeiro 12 de xuño en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Entrada libre.
30-05-2025 -

Zoe Pérez Fernández e Nuno Tizón Couñago gañan o III Concurso de BD de Humor Demo Pequeno

O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial veñen de dar a coñecer os nomes dos/as gañadores/as do III Concurso de BD de Humor Demo Pequeno. O xurado desta terceira edición, formado polos autores de banda deseñada Xulia Pisón e Álvaro López, xunto co tamén debuxante Luís Sendón (por delegación do director de Demo Editorial, Manel Cráneo) e a responsable do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos, reuniuse este martes 27 de maio e acordou conceder por maioría os seguintes premios.
29-05-2025 -

Fene participará na Primavera no Camiño Inglés para promocionar o seu patrimonio cultural, festivo e gastronómico

O Concello de Fene participará un ano máis na feira turística Primavera no Camiño Inglés, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés coa finalidade de promover o patrimonio, a cultura e a oferta turística dos concellos polos que discorre esta histórica ruta xacobea. A cita celebrarase o sábado 31 de maio no Parque da Rúa, en Miño, con programación ininterrompida de 10:00 a 20:00 horas.
27-05-2025 -

Festival das Escolas Municipais de Piano, Solfexo e Guitarra do Concello de Fene para pechar o curso 2024-25

A Concellería de Cultura organiza para este venres, 30 de maio o festival de clausura das escolas de música ás que asistiron ao longo do presente curso escolar vinte e oito persoas. O certame comezará ás 17.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene. Actuará o alumnado de piano e guitarra, interpretando temas clásicos e composicións tradicionais. Festival aberto a tódolos públicos. Entrada libre.
27-05-2025 -

Programa de Prevención “Convivencia. Círculos de diálogo”

Alumnado de 2º e 3º da ESO do IES de Fene e do CPI A Xunqueira está a participar no programa de prevención de condutas aditivas “Convivencia. Círculos de diálogo” que organizan os Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda. A actividade tamén se está a desenvolver no IES Mugardos e no CPR Loyola co obxectivo de dar a coñecer os círculos de diálogo como ferramenta para mellorar a convivencia nas aulas.
26-05-2025 -

A Concellería de Cultura de Fene colabora cos colexios Centieiras e Os Casais para que o alumnado asista este martes ao Correlingua

Uns 240 mozos e mozas feneses acudirán este martes, 27 de maio, á Festa Correlingua de Ferrol, evento organizado pola Asociación Cultural Correlingua coa colaboración da CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, xunto coas deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo, e varios concellos. A Concellería de Cultura de Fene sufragará o transporte do alumnado e profesorado dos dous centros de Fene que se inscribiron, asistindo por parte do Ceip Centieiras cento sesenta e catro persoas e, por parte do colexio Os Casais, setenta e dúas. A cita terá lugar no Auditorio Municipal de Ferrol en dúas quendas (de 10.00 a 11.00 e de 12.00 a 13.00 horas) e será conducida pola actriz e humorista Isabel Risco.