Novas

15-01-2024 -

Nova conferencia do ciclo Contando Ciencia coa doutora en Matemáticas fenesa Erika Diz Pita

“Todas as matemáticas á vez, en todas partes” é o tema da terceira sesión do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A conferencia, impartida pola doutora en Matemáticas Erika Diz Pita, terá lugar este xoves, 18 de xaneiro, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22, Fene), con entrada libre e de balde até completar o aforo.
12-01-2024 -

O Concello de Fene avanza as actuacións que realizará con cargo ao Plan Único

A Deputación da Coruña achega ao Concello de Fene un total de 519.627,96 €, correspondentes ás Achegas 2023 e 2024, así como ao POS Social.
A Concellaría de Obras propuxo o investimento en actuacións de abastecemento e aglomerado en diferentes parroquias.
12-01-2024 -

Presentación do libro “Alicerces teatrais en Galiza”, de Paco Oti, na SCRD Agarimo de Sillobre

O mércores 17 de xaneiro, ás 20 horas, preséntase en Sillobre o libro “Alicerces teatrais en Galiza; unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1952-1975)”, do técnico en xestión teatral Francisco Oti. O acto contará coa participación, xunto co autor, da afeccionada ao teatro e veciña de Sillobre Teresa Carballido Salgado, e do concelleiro de Cultura de Fene, Justo Ardá. A entrada será libre e de balde até completar o aforo.
09-01-2024 -

O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene retoma a súa actividade en xaneiro

Xa está aberto o prazo de inscrición para as persoas que desexen apuntarse ao Club de Lectura que organiza a Biblioteca Xosemaría Pérez Parallé de Fene, dirixido a público adulto. As inscricións realízanse na propia biblioteca, presencialmente ou por teléfono (981 342 302), de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas ou os sábados de 10.00 a 13.00 horas. Para participar, unicamente cómpre ter interese pola lectura xa que as persoas que formen parte do club deberán ler ao mesmo tempo as mesmas obras, de xeito individual. A biblioteca proporcionará un exemplar a cada membro do club, previamente inscrito, que, no caso da sesión prevista para este mes de xaneiro, será “Cuando estalló la noche”, de Guillermo Llorca Freire.
08-01-2024 -

O mural realizado por SFHIR en Fene, candidato a ser o mellor do mundo

 Un mural realizado en Fene no marco da primeira edición do Perla Mural Fest aspira a ser o mellor do mundo. Trátase da obra realizada polo artista madrileño SFHIR na fachada dun edificio de nove andares situado no número 64 da Rúa da Fraga, e representa unha muller tocando o violonchelo.
A obra situada en Fene é o mural vertical máis grande da carreira de SFHIR, quen soubo adaptar a forma do edificio -que conta cun pozo de luz- á idea que quería plasmar. Coa noite, cando a veciñanza do edificio acende a luz das escaleiras, ilumínanse os trastes do violonchelo, o que fai que o mural semelle cobrar vida.
04-01-2024 -

A Cabalgata das SSMM os Reis Magos percorrerá Fene este venres

A Banda de Gaitas “Airiños de Fene”, o grupo de baile May Dance e o grupo de animación de “La Guagua” porán a nota festiva á Cabalgata.

As rúas polas que pasa a Cabalgata serán cortadas ao tráfico durante o paso da mesma, no marco do dispositivo de seguridade habilitado polo Concello de Fene.
02-01-2024 -

Abre o prazo de inscricións no proxecto Indira 2024

A Concellería de Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, pon en marcha un novo Espazo para Mulleres enmarcado dentro do denominado Proxecto INDIRA, actividade que se ven desenvolvendo dende o ano 2018 de xeito ininterrompido cun total de dúas edicións por ano.

“Proxecto INDIRA” trátase dun espazo onde as mulleres podan experimentar, coñecerse, crecer xuntas, relaxarse e gozar. É unha proposta activa e mobilizadora da condición feminina, co obxectivo de apoiar unha transformación real na vida das mulleres, pola súa propia saúde individual e familiar.
29-12-2023 -

Fene ultima os preparativos da Festa de Fin de Ano

O Concello de Fene está a ultimar os preparativos para a Festa de Fin de Ano, que decorrerá nas primeiras horas do 2024 na Praza do Alcalde Ramón Souto, coa instalación de elementos estruturais e a decoración que adornará o espazo. Trátase da segunda edición deste evento, tras o grande éxito colleitado na edición que deu a benvida a este 2023. A festa comezará unha hora despois das uvas coa actuación da Orquestra Finisterre, unha formación que durante a súa traxectoria de máis de 15 anos foi bebendo dos diferentes xéneros da verbena, e cuxo repertorio inclúe tanto os temas do momento como tamén os clásicos aclamados polo público. A continuación, será o DJ Frank Fairlane o encargado de amenizar a festa até o amencer, cunha sesión que percorrerá estilos como o rock, pop, disco, latino e temas actuais, entre outros.
29-12-2023 -

Perto de 500 participantes na IX San Silvestre Concello de Fene 2023

A proba terá lugar este sábado, 30 de decembro, a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello). Os/as participantes poderán retirar o dorsal – chip hoxe venres no Salón de Plenos do Concello de Fene (Praza do alcalde Ramón José Souto González) en horario de mañá, até as 13:00 h, e de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. Tamén se poderán recoller mañá sábado no salón de Plenos do Concello, de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 16.30 h.
26-12-2023 -

Fene avanza nas obras de mellora do firme no Camiño do Redondo

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e o concelleiro de obras, Manuel Polo, visitaron as obras de mellora do firme que o Concello de Fene está a executar no Camiño do Redondo, na parroquia de Magalofes, consistentes na mellora e adaptación do firme para incrementar a seguridade e accesibilidade do mesmo.