Novas

15-06-2023 -

O vindeiro luns abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de verán do Concello de Fene

Bautismos de mergullo, cursiños de kaiak e paddle surf para adultos e para poboación infantil, campamento lúdico-deportivo e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2023. Baixo o lema “Movémonos???”, as actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, entidades sociais e espazos naturais do Concello de Fene durante os meses de xullo e agosto. As persoas que queiran anotarse nos campus deportivos e cursiños de verán municipais poderán facelo a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Horario: de 9.00 a 14.00 horas.
14-06-2023 -

O Concello de Fene distribúe cinceiros para as persoas usuarias das praias, cinceiros de bolsillo para uso no exterior e dispensadores de bolsas para mascotas.

A área municipal de Medio Ambiente do Concello de Fene comezou o reparto de cinceiros reutilizables deseñados para o seu uso en praias e noutros recunchos ao aire libre. Son uns pequenos cornetes de plástico deseñados para asentar perfectamente na area e uns cinceiros de bolsillo co interior en aluminio ignifugo, moi cómodos para levalos canda nós en calquera sitio.
O obxectivo da iniciativa é manter os areais e os espazos públicos libres de cabichas.
Asi mesmo repártense dispensadores de bolsas para a recollida dos excrementos das mascotas. O dispensador portátil en forma de simpático óso ten unha saída ovalada que facilita o acceso ás bolsas, e leva un mosquetón que permite colgalo en calquera sitio como unha mochila, ou colar, ou levalo no bolsillo. Inclúe un rolo de bolsas no seu interior.
Os cinceiros e os dispensadores de bolsas poden conseguirse nas entidades culturais e parroquiais do municipio así como no propio Concello.
14-06-2023 -

Xornada de Fotogrametría 3D

O venres 16 de xuño a Casa da Cultura de Fene acollerá, de 19.00 a 21.00 h, unha xornada sobre Fotogrametría 3D a cargo de Antonio González Lorenzo.
A xornada, de balde, require inscrición previa a través da conta daviddeibe@casnautilus.org

Actividade organizada polo Club de Actividades Subacúaticas Nautilus coa Colaboración do Concello de Fene.
13-06-2023 -

A oficina de turismo abre as súas portas

Dende onte e até o 9 de outubro a oficina de turismo de Fene, coa cofinanciación da Deputación da Coruña, atenderá a visitantes e veciñanza, en horario de mañá e tarde.

A oficina emprazada na Avenida Naturais abrirá no seguinte horario: 8.30 a 14.00h polas mañás e de 15.30 a 17.00h. polas tardes, de luns a venres.

Será unha técnica especializada, quen atenderá as consultas -ademais de desenvolver outros proxectos municipais relacionados con este ámbito- durante catro meses.

Proxectos como o do pasado día 10 de xuño no  Concello de Abegondo co gallo da celebración da Primavera no Camiño Inglés no que o Concello de Fene estivo presente cun stand informativo e coa actuación  da Banda Xuvenil de Airiños de Fene.
12-06-2023 -

Dereitos Sanitarios: Eutanasia e Testamento Vital

A Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación Por + Vida, convídanos á charla-coloquio sobre "Eutanasia e Testamento Vital" impartida por Miguel Anxo García Álvarez, presidente da Asociación Dereito a Morrer Dignamente de Galicia (DMD) que terá lugar o vindeiro 15 de Xuño ás 19.00 h na Casa da Cultura.
09-06-2023 -

Listados Verán máis alá 2023

Rematado o prazo de matriculación provisional en Verán máis alá!, ao rexistrarse máis solicitudes que prazas dispoñibles por quincena, e aplicados os criterios de baremación (*) que rexen a adxudicación das prazas por cada quincena, procédese á publicación das persoas admitidas e excluídas na actividade:

-        Listado admitidos/as na 1ª quincena
-        Listado admitidos/as na 2ª quincena
-        Relación de persoas excluídas que conforman a lista de agarda
09-06-2023 -

Coidados porta a porta

A unidade móbil de “Coidados porta a porta” instalarase en Fene na zona situada entre o Pavillón polideportivo de San Valentín e o Colexio da Xunqueira os días 14, 15 e 16 de xuño. A atención dos profesionais na unidade móbil será en horario de 09:00 da mañá a 20:00 horas.
A cita previa pode solicitarse nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Como actividade complementaria aos servizos “Porta a Porta”, o salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Fene acollerá o 14 de xuño, ás 19:00 horas, unha charla sobre os coidados do oídos.
Esta charla, con entrada de balde até completar aforo, correrá a cargo do/a profesional de audioloxía da unidade móbil.
 
 
09-06-2023 -

Andaina este domingo en Fene no 15º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica de Por+Vida

No 15º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica, Por+Vida organiza este domingo 11 de xuño unha Andaina dirixida a toda a veciñanza coa colaboración do Concello de Fene.

A andaina partirá ás 11.00 horas da praza do Alcalde Ramón Souto González, aínda que dende as 10.30 horas está prevista a recollida de dorsais para as persoas participantes. O percorrido é apto para todas as idades e condicións físicas e estímase nunha hora. Logo da lectura do manifesto, e para continuar co ámbito festivo, a asociación convidará ao público asistente a disfrutar de diferentes actuacións musicais e sorteos.


Unha cita á que está convidada toda a veciñanza.
08-06-2023 -

Fene acolle este sábado 10 de xuño unha nova edición da súa Fashion Night

Ás 18.00 h arrincará esta nova edición da Fashión Night de Fene na que as persoas que se acheguen a mercar nos establecementos comerciais participantes poderán beneficiarse de importantes descontos e sorteo. Outros atractivos do evento serán os desfiles de moda, as sesións de animación pola rúa, os talleres infantís e a música.
O evento está organizado pola asociación de comercio, hostalería e servizos O Cruceiro coa colaboración do Concello de Fene.
 
08-06-2023 -

O Concello de Fene estará este sábado, 10 de xuño, na sexta edición da feira Primavera no Camiño Inglés

O Concello de Fene estará representado nesta sexta edición de Primavera no Camiño Inglés cun stand no que se achegará información turística aos visitantes. Ademais, ás 11.00 horas, está prevista unha actuación da Banda Xuvenil de Airiños de Fene.