Novas

11-12-2023

Aberto o prazo de inscrición para a carreira popular IX San Silvestre Concello de Fene 2023

As persoas que desexen anotarse poden facelo até o 24 de decembro ás 23.59 horas a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.carreirasgalegas.com). A inscrición será gratuíta para todas as categorías de menores e andaina e terá un custo de 3€ para os/as participantes da carreira Absoluta. A proba terá lugar o sábado 30 de decembro de 2023 a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Concello de Fene (na Avenida do Concello). Poderán participar todos/as os/as atletas que o desexen, estean federados/as ou non, atendendo ás seguintes categorías: Biberóns (ano de nacemento 2019), Pitufos (2018), Sub 8 (2016-17), Sub 10 (2014-15), Sub 12 (2012-13), Sub 14 (2010-11), Sub 16 (2008-09), Sub 18 (2006-07), Absoluta (2005 e anteriores) e Andaina (todas as idades).






05-12-2023

Cun bautismo solidario de mergullo botará a andar o programa de actividades deportivas do Nadal en Fene

Un ano máis, a Concellería de Deportes organiza para o Nadal unha serie de propostas de entretemento relacionadas coa actividade física compartida en familia. A primeira das actividades incluídas no programa é un bautismo solidario de mergullo, que organiza o Club de Actividades Subacuáticas Nautilus coa colaboración do Concello. A maiores, anúnciase un novo Campanadal, clases de patinaxe para persoas adultas e menores e unha nova edición da carreira San Silvestre. E, como novidade, os “Xogos acuáticos en familia” que xa se celebraron en edicións anteriores, amplían horario e prográmanse para todos os días de apertura da piscina durante as festas.
30-11-2023

O pavillón de San Valentín acolle este sábado o XVIII Trofeo de Judo de Minikatas “ Concello de Fene”

Quince clubs da bisbarra tomarán parte este sábado, 2 de decembro, no XVIII Trofeo de Judo de Minikatas que organiza o Club Artes Marciais Fene coa colaboración da Concellería de Deportes. O encontro desenvolverase no pavillón da Xunqueira a partir das 10:30 horas e contará coa participación duns 300 judokas da comarca de Ferrolterra e da Coruña, con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Os clubs e deportistas inscritos pertencen maioritariamente aos concellos de Fene, Ferrol, Narón, Cabanas, Pontedeume, Miño, A Coruña, Arteixo e Teixeiro.
21-11-2023

XXXVII edición do Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría

O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Narón, Neda e Fene, organiza a XXXVII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. 
A saída e a chegada terán  lugar na Estrada de Castela, nas inmediacións da praza de España de Ferrol.
16-11-2023

Xornada de bautismo de mergullo solidario na piscina municipal

A Concellería de Deportes de Fene colabora co Club de Actividades Subacuáticas Nautilus na organización dunha xornada de “Bautismo de mergullo solidario”. Terá lugar o sábado 16 de decembro, de 17 a 20 horas, na piscina municipal de Centieiras e vai dirixida a nenos/as (a partir de 6 anos) ou persoas adultas (sen límite de idade). Ademais, será de balde. O único requisito para participar é aportar un xoguete novo ou de segunda man en bo estado, que se entregará na piscina o día da actividade.
10-11-2023

Abre o prazo de preinscrición para a Campaña da Neve da Deputación da Coruña

Sete nenos ou nenas de Fene poderán disfrutar dende o día 19 ata o 22 de xaneiro de 2024 da experiencia de participar na “Campaña da Neve” da Deputación da Coruña.
As idades dos nenos/as participantes serán de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023 e aboarán 85€ (oitenta e cinco euros) como cota de participación.
Dende o luns, día 13 de novembro ata o venres, 1 de decembro de 2023, está aberto o prazo para facer as preinscricións dos nenos e nenas empadroados/as en Fene que estean interesados/as en participar na Campaña.
As preinscricións realizaranse no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44, entresollado), de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas. Nesta primeira fase só haberá que cubrir a ficha de preinscrición, que estará a disposición das familias no propio departamento, e entregar un volante de empadroamento. (os participantes deberán estar empadroados no Concello de Fene, alomenos dende o 31 de outubro de 2023).
02-11-2023

O Concello de Fene celebra este sábado a súa Gala do Deporte

Máis dun cento de deportistas de Fene ou vencellados a clubs de Fene serán homenaxeados este sábado, ás 20.00 horas, no pavillón de San Valentín nunha nova edición da Gala do Deporte. A cita retómase logo de tres anos de ausencia polo que, nesta ocasión, non só se recoñecerán os méritos dos/as deportistas locais ao longo da tempada 2022-23, senón tamén das dúas tempadas anteriores, 2020-21 e 2021-22. Nesta gala, a Concellería de Deportes premia os logros acadados polos/as deportistas e clubs do Concello en campionatos galegos ou de categoría superior. Tamén se homenaxeará á Asociación Por+vida, entidade promotora do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. A entrada ao acto será libre e de balde.
Consulte aquí a relación de deportistas.
19-09-2023

Este mércores abre o segundo prazo de solicitude de horas de adestramento nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo

Rematado o prazo de solicitudes para equipos e sociedades inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Fene, a Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento dos pavillóns polideportivos municipais de A Xunqueira e O Ramo para a tempada 23/24, que comezará a partir do 1 de outubro. Asimesmo, abre un segundo prazo de solicitude, que se prolongará do 20 ao 27 de setembro, para que equipos e particulares soliciten as horas libres en calquera das dúas instalacións. Unha vez rematado o prazo, publicaranse os horarios definitivos o 29 de setembro.
13-09-2023

A matriculación nas escolas deportivas continúa aberta até o 21 de setembro

O departamento de deportes do Concello de Fene informa que até o 21 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas. Consulte as prazas vacantes aquí.

As persoas interesadas deberán de  pedir cita previa para facer o trámite, que se centraliza no pavillón da Xunqueira. As citas poden solicitarse, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
 
11-09-2023

Xornada portas abertas Tiro con Arco (EVENTO APRAZADO)

O sábado 16 de setembro o Concello, xunto co Club de  tiro con arco ADARVE, organizarán  unha xornada de portas abertas de tiro con arco, na que tódolos asistentes poderán practicar TIRO CON ARCO de forma totalmente GRATUÍTA. Será de 17.00 h a 19.00 h no Pavillón A Xunqueira.

A organización proporcionará todo o material necesario, así como o monitorado que dará as instrucións precisas aos asistentes para que proben esta modalidade deportiva se así o desexan.

O tiro con arco é unha das novidades que presenta este ano o Concello de Fene entre as súas escolas deportivas, que pode practicaarse tamen en familia, xa que a escola que está destinada a persoas adultas e tamén a nenos e nanas maiores de 6 anos.  O prazo para inscribirse nesta escola, no caso de estar interesados/as remata o día 21 de setembro.
ACTUALIZACIÓN 14/09/2023. EVENTO APRAZADO ATÉ NOVO AVISO