O domingo 26 de maio é a data escollida pola Concellería de Deportes de Fene para a celebración da I Milla Popular Interxeracional Concello de Fene, proba que combina a tradicional milla escolar, na que poden participar nenos e nenas a partir dos tres anos, cunha milla para maiores, aberta a persoas de todas as idades, tanto de Fene coma doutros concellos. As carreiras comezarán as 11.00 horas na Avenida do Mar de San Valentín e paseo marítimo aínda que, no caso de choiva, as de categorías escolares (desde prebiberón 1, aula de 3 anos, ata cadete, aulas de 3º e 4º da ESO) traladaranse ao pavillón da Xunqueira, manténdose o resto de carreiras no circuito exterior (categorías sub 23, Senior e Máster).