Novas

16-09-2023 -

O Concello de Fene acolle un curso de prevención de riscos no manexo de motoserra e rozadoira do ISSGA

O curso, presencial, será no Concello de Fene, os 3. 4, 5 de  outubro e realizaráse de 9.00 a 14.00 h con 15 h de duración.
As persoas interesadas en inscribirse, son 15 prazas, teñen até o 28 de setembro para enviar cuberto o formulario de inscrición ao correo electrónico issga.formacion@xunta.gal
O formulario tamén se pode cubrir online na web do Issga http://issga.xunta.gal  
Esta ficha de inscrición enviarase cuberta xunto con copia do DNI e, no caso de ter algunha relación co sector (posto de traballo ou formación), enviarase un documento que acredite esta relación, para ter prioridade á hora de acceder ao curso.
15-09-2023 -

O Concello de Fene abrirá o mércores 4 de outubro o prazo de matrícula para as escolas municipais de música

As inscricións realizaranse do 4 ao 6 de outubro, nas dependencias administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín. Para poder matricularse será imprescindible solicitar cita previa os días 3 e 4 de outubro nos teléfonos 981 492 804 ou 607 626 812 entre as 8:30 e as 14:00. Unha vez concertada a cita, procederase á asignación de horarios de matrícula entre o mércores 4 en horario de tarde (16:00 a 19:00) e os días 5 e 6 en horario de mañá (de 8:30 a 14:00 h). O curso 2023-24 prolongarase nas escolas culturais municipais do 16 de outubro ao 31 de maio. A incorporación do alumnado farase no primeiro día fixado para cada actividade.
14-09-2023 -

As entidades sen fins de lucro de Fene poderán solicitar desde mañá as subvencións de concorrencia competitiva para 2023

Publicado no BOP núm. 176, do 14.09.2023, o extracto das bases reguladoras da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para o ano 2023. O obxecto da convocatoria é apoiar ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento e actividades culturais, deportivas e educativas que favorezan a participación entre a veciñanza e, así mesmo, contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento, necesarios para o cumprimento dos fins propios das asociacións e para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención. A contía máxima das subvencións por entidade ascenderá a 15.000 € no caso das entidades deportivas, a 12.000 € nas culturais e 1.500 ás ANPAS. Unha vez publicado o estrato da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de presentación de solicitudes prolongarase desde o venres 15 de setembro ate o luns 25 de setembro, ás 14.00 horas.
13-09-2023 -

A matriculación nas escolas deportivas continúa aberta até o 21 de setembro

O departamento de deportes do Concello de Fene informa que até o 21 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas. Consulte as prazas vacantes aquí.

As persoas interesadas deberán de  pedir cita previa para facer o trámite, que se centraliza no pavillón da Xunqueira. As citas poden solicitarse, chamando ao 981 492 804 ou ao 607 626 812.
 
11-09-2023 -

Xornada portas abertas Tiro con Arco (EVENTO APRAZADO)

O sábado 16 de setembro o Concello, xunto co Club de  tiro con arco ADARVE, organizarán  unha xornada de portas abertas de tiro con arco, na que tódolos asistentes poderán practicar TIRO CON ARCO de forma totalmente GRATUÍTA. Será de 17.00 h a 19.00 h no Pavillón A Xunqueira.

A organización proporcionará todo o material necesario, así como o monitorado que dará as instrucións precisas aos asistentes para que proben esta modalidade deportiva se así o desexan.

O tiro con arco é unha das novidades que presenta este ano o Concello de Fene entre as súas escolas deportivas, que pode practicaarse tamen en familia, xa que a escola que está destinada a persoas adultas e tamén a nenos e nanas maiores de 6 anos.  O prazo para inscribirse nesta escola, no caso de estar interesados/as remata o día 21 de setembro.
ACTUALIZACIÓN 14/09/2023. EVENTO APRAZADO ATÉ NOVO AVISO
09-09-2023 -

Fene sabe a mar

A campaña promovida pola Consellería do Mar, Galicia sabe a mar, para promocionar os produtos do mar en poñer en valor o labor das persoas profesionais da pesca e do marisqueo, aparcará a súa foodtruck en Fene o vindeiro luns 11 de setembro. Todas aquelas persoas interesadas en degustar de balde petiscos  realizados con produtos do mar e da terra galegos deberán achegarse á Praza Alcalde José Ramón Souto González de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 21:00.
08-09-2023 -

Horario inverno Casa da Cultura de Fene

A partir vindeiro luns, 11 de setembro, có inicio do curso escolar, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene Xaquín Marín.  

Con este novo horario, que se manterá durante o curso 2023/24, agás períodos de vacacións escolares, a Casa da Cultura (aula de estudo e sala de exposicións temporais) e o Museo do Humor de Fene Xaquín Marín abrirán de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. Pola súa banda, a Biblioteca Municipal abrirá de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada. 
08-09-2023 -

Abre o prazo de solicitude das Axudas o Bono Bús Estudiantil

O Concello de Fene publica no BOP do 08/09/2023 o extracto da convocatoria do Bono Bus 2023/2024.  O prazo para entregar as solicitudes para o servizo de transporte e para a axuda económica será de 10 días naturais contados a partir de mañá.

O programa, que como novidade este ano incorpora a axuda tamén aos estudantes de formación profesional en centros públicos da cidade da Coruña, ten como obxectivo “facilitar o desprazamento diario de luns a venres no traxecto Fene-A Coruña-Fene para o estudantado fenés universitario e de FP durante o curso 2023-2024”
06-09-2023 -

O Museo do Humor Xaquín Marín festexa o 40º aniversario da revista Can sen dono

A finais de 1982, na contorna do Primeiro Seminario Galego do Humor, celebrado no Museo Carlos Maside de Sada, e baixo o acubillo de Isaac Díaz Pardo, un grupo de debuxantes de Vigo presentaba o proxecto editorial dunha revista galega de humor que se ía denominar “Can sen dono”. A publicación foi unha realidade en 1983, ano no que ve a luz o seu número cero, coa dirección de Pepe Carreiro, coordinación de Gogue e edición de Antón Mascato. Desde esta data ate 1989 (e con 23 números publicados e catro extraordinarios), máis de medio cento de humoristas gráficos e tamén algúns humoristas literarios chegaron a participar nesta revista satírica galega que agora, corenta anos despois, o Museo do Humor Xaquín Marín se dispón a homenaxear. Este venres 8 de setembro, ás 20 horas, inaugúrase a exposición “40º aniversario da revista Can sen dono”, promovida polo museo e a Concellería de Cultura de Fene, coa colaboración da Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia). 
06-09-2023 -

O Concello de Fene ven de publicar as bases para alumnado e profesorado do Obradoiro de emprego INICIA VII

Sobre o proceso de preselección do alumnado traballador, dicir que o Concello de Fene é o órgano responsable de tramitar unha oferta de emprego pola especialidade no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPG), para logo proceder á selección definitiva das persoas candidatas a través do órgano de selección. Bases e anuncio no BOP aquí  
Sobre o proceso de selección persoal do persoal directivo, docente e administrativo de apoio, aclarar que se realiza mediante convocatoria pública. Así, as persoas que desexen participar deberán presentar instancia segundo o modelo que figura nas bases. O prazo de presentación de instancias é de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (publicación no BOP do 06/09/2023). Bases e anuncio no BOP aquí