Novas

04-10-2023 -

Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade

A Concellería de Benestar Social de Fene, coa colaboración da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, organiza unha serie de actividades de interés social dirixidas a mulleres con discapacidade do Concello de Fene. Ao abeiro desta iniciativa encádrase o Programa ACTIVA-DAS e seu taller “CLAVES PARA O APODERAMENTO DAS MULLERES CON DISCAPACIDADE”. A actividade realizarase este mes na sala de Servizos Sociais do Concello de Fene, sita na Avda. do Mar, bloque 1, baixo, 15500 Fene; os luns 9, 16, 23 e 30 de outubro e o 6 de novembro de 2023 en horario de 10:00 a 13:00 horas.
29-09-2023 -

Seráns activos 2023-2024

Volven os seráns activos a Fene, talleres dirixidos a persoas maiores de 55 anos e cuxa matrícula está aberta ata cubrir prazas. Infórmate aquí, comezamos o 9 de outubro.
28-09-2023 -

O vindeiro día 30 de setembro do 2023 o Paseo Marítimo San Valentín acollerá unha homenaxe a Salvamento Marítimo

Logo que a IMO -Organización Marítima Internacional- outorgara a Mención de Honra o valor excepcional ao equipo de Salvamento Marítimo da base de Fene e a unidade de intervención de buceo de Ardentia Marine, o Concello de Fene acollerá o vindeiro sábado 30 de setembro unha homenaxe no Paseo Marítimo de San Valentín. Un act
Os actos, abertos a veciñanza, comezarán ás 10.30 h e prolongaranse ata ás 15.00 h. Ao longo da xornada as persoas asistentes poderán ver material de rescate e seguridade, exhibicións de cans policía así como o simulacro dun rescate acuático fronte a San Valentín. Sendo ás 14.00 h cando se realice a homenaxe ao persoal da Base de Salvamento Marítimo.
28-09-2023 -

En marcha unha nova edición do proxecto INDIRA

O Centro de Servizos Sociais de Fene acolleu este mércores a primeira sesión dunha nova edición do Programa INDIRA coa participación dun total de 14 mulleres "interesadas en traballar coas súas debilidades e desenvolver as súas fortalezas persoais". O proxecto está guiado por dúas psicoterapeutas con ampla formación e experiencia en igualdade, sexualidade, educación emocional, técnicas de relaxación e atención plena, traballo corporal, autocoñecemento e terapia do reencontro, entre outras.
26-09-2023 -

Contacontos e dinamización da lectura para recibir o outono na Biblioteca Xosemaría Perez Parallé de Fene

A compañía Moc Moc MeRe Clown trae este xoves á biblioteca municipal de Fene “A verdadeira historia de Hamelín”, función programada pola Concellería de Cultura no marco do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia. O ciclo terá continuidade os días 5 de outubro, con “Toupiciencia”, de A Xanela do Maxín, e o 19 de outubro, co espectáculo “Procúra-se Pepa a Loba”, de Cristina Collazo. Todas as funcións serán no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 18 horas con entrada libre e de balde.
21-09-2023 -

Daniel Romero, xestor de actividades culturais do Concello de Fene, recolle un dos Premios Rosalía de Castro de Lingua 2023

O Museo do Pobo Galego acolleu na tarde de onte a entrega dos Premios Rosalía de Castro de Lingua 2023 con presenza entre os premiados nesta edición dun traballador do Concello de Fene: o xestor de actividades Culturais Daniel Romero, que recibiu o galardón na categoría de "Persoa". A alcaldesa en funcións de Fene, Sandra Permuy, o concelleiro de Cultura, Justo Arda, e compañeiras/os do Departamento de Cultura e do Concello de Fene arrouparon ao galardoado neste acto.
21-09-2023 -

A Concellería de Medio Ambiente anima á veciñanza a participar na XVI Limpeza Simultánea de Ríos galegos

Sesenta entidades e cincuenta e dous concellos galegos participan este domingo, 24 de setembro, na XVI Limpeza Simultánea de Ríos galegos que promoven a organización ecoloxista ADEGA e Proxecto Ríos. O Concello de Fene participa un ano máis nesta iniciativa que implica a milleiros de voluntarios e voluntarias “que se mollan polos ríos galegos, para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social”. No Concello de Fene, a limpeza centrarase no Río de Ba, establecéndose como puntos de encontro para os voluntarios/as o Parque do Piñeiro (na Armada) e o local de Aetna (a carón da SCRD O Pote) o domingo ás 10.00 horas. As persoas que desexen participar, únicamente deberán presentarse ese día en calquera dos dous puntos de encontro, provistas de roupa e calzado cómodos e luvas.
20-09-2023 -

Blues e punk no Paseo Marítimo de San Valentín o sábado 23 de setembro con Thee Blind Crows

A banda pontevedresa Thee blind crows actúa este sábado ás 13:30 h no Paseo Marítimo de San Valentín. O concerto, con entrada libre e gratuíta, enmárcase nas actuacións programadas ao abeiro da Rede Cultural da Deputación e desenvolverase no mesmo escenario no que vai ter lugar o Fenerock. Na súa cita fenesa, o grupo ofrecerá o seu característico “son crú e frenético” que fará vibrar aos asistentes nunha viaxe que os levará de Mississippi a Detroit a través dos son máis primitivos e pantanosos.
19-09-2023 -

Este mércores abre o segundo prazo de solicitude de horas de adestramento nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo

Rematado o prazo de solicitudes para equipos e sociedades inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Fene, a Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento dos pavillóns polideportivos municipais de A Xunqueira e O Ramo para a tempada 23/24, que comezará a partir do 1 de outubro. Asimesmo, abre un segundo prazo de solicitude, que se prolongará do 20 ao 27 de setembro, para que equipos e particulares soliciten as horas libres en calquera das dúas instalacións. Unha vez rematado o prazo, publicaranse os horarios definitivos o 29 de setembro.
19-09-2023 -

O V Festival Internacional Entes Animados 2023 volta a Fene e a outros sete concellos da contorna

Con presenza dos/as concelleiros/as e técnicos/as de Cultura dalgúns dos Concellos participantes, a Casa da Cultura de Fene acolleu este mediodía a presentación do 5º Festival Internacional Entes Animados que se celebrará a vindeira fin de semana, do 22 ao 24 de setembro. Ao longo destas tres xornadas, cinco compañías procedentes de Italia, Portugal e Alemania achegaranse até os concellos de Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Narón, Miño, Neda e Valdoviño para presentar os seus espectáculos que abranguen “desde o teatro de títeres de luva até a narrativa teatral máis engaiolante”. As compañías convidadas nesta nova edición de Festea son: Bambabambin (Italia), Fio d`Azite (Portugal), Historioscópio (Portugal), Luis Manitha (Portugal) e Marimbondo (Alemania/Portugal). En total ofrecerán 19 funcións, con entrada libre e de balde, nas que cada grupo amosará “a súa perspectiva única da arte teatral de títeres, achegando o público a un universo de emocións e reflexións”.