Programas

Verán Máis Alá!

O Verán Máis Alá! ten os seus propios valores engadidos que transmite desde o seu nacemento, no conxunto destes valores atópanse a igualdade, a participación, o traballo en grupo, a integración e a diversidade. O obxectivo principal é sempre o de aprender dun xeito divertido e diferente no tempo de lecer.

Programa de educación viaria

A educación viaria como disciplina transversal é un dos programas educativos que se ofertan dende este Departamento mediante un amplo abano de actividades a desenvolver nas instalacións que dispón o Concello de Fene no Parque de Educación Viaria; emprazado no antigo apeadoiro de Renfe, na Parroquia de Barallobre.

Bono-bus universitario

Co obxectivo de contribuír ao financiamento dos desprazamentos en autobús até A Coruña do estudantado fenés que curse estudos universitarios nos campus desta Cidade, o Concello ven de aprobar as bases que rexerán as subvencións para o bono-bus universitario.

Programa de prevención de consumo de drogas na escola (PPCDE)

Os obxectivos destes programas son informar e formar ao alumnado sobre drogas legais e ilegais; axudarlle a desenvolver estratexias para saber resistir a presión do grupo e fomentar o espírito crítico con respecto da publicidade das drogas legais.

Cine e Saúde

Programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos aditivos e comportamentais no ámbito escolar a través dos medios audio visuais e as TIC.