Novas

17-12-2024

Canta Música, un espectáculo para levar a música tradicional galega ao público infantil a través do canto, do xogo e do baile

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este xoves, 19 de decembro, ás 18.30 horas, o espectáculo de Pablo Díaz e Olga Kirk “Canta música”. Trátase dunha función de bailes, xogos-baile, canto, e música, dirixida a nenas e nenos cunha idade comprendida entre os 4 e os 9 anos. No decurso da mesma, as/os asistentes participarán de xogos bailables tradicionais e de bailes e cancións dunha maneira activa, rematando o espectáculo cunha gran muiñeira conxunta. A entrada será libre e de balde até completar o aforo.
17-12-2024

Fene abre este mércores o prazo para inscribirse como Paxes Reais na Cabalgata das SS.MM Os Reis Magos de Oriente

As familias dos/as pequenos, de entre 6 e 12 anos, que desexen participar como paxes reais, terán que entregar debidamente cuberto o formulario de solicitude -que se pode descargar na web www.fene.gal- no Rexistro Xeral do Concello, en días laborables, de luns a venres de 8:30 a 14:00 h, entre o 18 e o 29 de decembro. A selección dos paxes reais realizarase por orde de inscrición e o aforo é moi limitado.
16-12-2024

Fauna esencial, unha viaxe enriquecedora a través da diversidade da nosa vida salvaxe

Xa se pode visitar na Casa da Cultura de Fene a exposición Fauna esencial, promovida por Afundación-Obra Social Abanca. A mostra inaugurouse este mediodía con presenza do alcalde de Fene, Juventino Trigo, do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e dos concelleiros Alejandro Dopico, Eloy Rico e María Ares. En representación das entidades organizadoras, asistiron: o coordinador institucional de Abanca, José Manuel Vilariño, a directora de zona de Abanca, Begoña Caamaño, o director da oficina de Abanca Fene, Jesús Valerio e a responsable da sede de Afundación Ferrol, Paula Ferreiro.
16-12-2024

Os monicreques de Inacio Vilariño recrean a historia do Apalpador este mércores na Casa da Cultura de Fene

Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos aos pequenos con menos recursos? En O castiñeiro do Apalpador, espectáculo que Inacio Vilariño ofrecerá na Casa da Cultura de Fene este mércores ás 18.30 horas, un carboeiro que se alimenta unicamente dos froitos do seu castiñeiro (e que as xentes chaman o Apalpador) conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas.
02-12-2024

Contos e música para festexar o Nadal no Concello de Fene

Co espectáculo O castiñeiro do Apalpador, a cargo de Inacio Vilariño, o Concello de Fene abrirá o xoves 12 de decembro o ciclo de actividades do Nadal 2024-25, un programa que se extenderá até o 5 de xaneiro coa Cabalgata das SSMM Os Reis Magos de Oriente. Para estas semanas previas aos días grandes de festa, a Concellería de Cultura organiza sesións de contacontos e música na Casa da Cultura onde tamén se celebrará o día 20 o Festival de Nadal das Escolas Municipais de Música. Outras citas destacadas da programación serán as actuacións de Magic Mateo na AVV de Magalofes, o Festival de Panxoliñas no CMI Unidade de Fene e un concerto de Bellón & Maceiras no CCRD de Perlío. E, coma todos os anos, a Cabalgata dos Reis Magos de Fene estará aberta á participación das nenas e nenos que queiran acompañalos como Paxes Reais (inscricións do 18 ao 29 de decembro no Rexistro Xeral do Concello).
05-11-2024

Ciencia e arte na segunda sesión do ciclo Contando Ciencia

A xenética no Museo do Prado é o tema da conferencia programada para este xoves na Casa da Cultura de Fene, no marco do ciclo Contando Ciencia que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino. A charla, prevista para as 19.30 horas, correrá a cargo do catedrático de Xenética da USC Gonzalo Álvarez Jurado. Entrada libre e de balde até completar o aforo.
29-10-2024

A Violonchelista de Fene protagoniza un selo especial de Correos adicado á Arte Urbana

O mural “A Violonchelista de Fene”, situado no número 64 da Rúa da Fraga de Fene, será o protagonista dun selo especial dentro da serie “Arte Urbano 2024 de Correos. A tirada, de 70.000 follas bloque, sairá á venda o vindeiro 5 de novembro, cun valor postal de 4,60 €, permitindo que esta obra se converta en parte do patrimonio filatélico do Estado.
23-10-2024

FalaRedes achega a mocidade de Fene ao mundo do cómic

O alumnado de primeiro da ESO do IES de Fene participará o vindeiro luns nun obradoiro creativo de construción de personaxes de cómic, no marco do programa de dinamización do galego FalaRedes, que promove a Secretaría Xeral da Lingua para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) coa colaboración da Concellería de Cultura de Fene. O debuxante Alberto Guitián será o encargado de impartir a actividade na que tomarán parte trinta e dous rapaces e rapazas de 12-13 anos.
10-10-2024

Asinados os convenios de colaboración das Subvencións Nominativas para as entidades Culturais, Deportivas e de Ensino do Concello de Fene

O alcalde de Fene e representantes de varias sociedades culturais, deportivas e de ensino do termo municipal asinaron este mediodía os convenios das Subvencións Nominativas do ano 2024. Os convenios ascenden a un total de 39.100 € para as entidades culturais, 7.500 € para as entidades de ensino e 5.000 € para as deportivas (51.600 € en total). Con anterioridade xa foron asinados os convenios coas sociedades AC Felicia e Centolos AC, por un importe de 11.000 € para cada un deles.
30-09-2024

Eyes-only Ferrol: o arsenal no século XVIII é o tema da primeira conferencia do novo ciclo de Contando Ciencia

O catedrático de Historia Moderna Manuel Reyes García Hurtado inaugura este xoves ás 19.30 horas a cuarta edición do ciclo Contando Ciencia, organizado pola Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. No devir desta charla, titulada Eyes-only Ferrol: o arsenal no século XVIII, o estudoso ferrolán explicará como se construiu o estaleiro ferrolán e a labor de espionaxe de Gran Bretaña, amosando numerosas ilustracións, moitas delas inéditas. Entrada libre e de balde até completar o aforo.