Con presenza dunha representación dos Concellos e entidades participantes, o Hotel Almirante de Ferrol acolleu este mediodía a presentación do 7º Festival Internacional Entes Animados que se celebrará do 19 ao 28 de setembro (fins de semana). Ao longo do certame, oito compañías procedentes de Portugal, Brasil, Francia, Arxentina, Bélxica e España achegaranse até os concellos de Ares, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos (que participa a instancias da entidade Apelón Educación), Narón, Neda e Valdoviño para presentar os seus espectáculos que abranguen “desde o teatro de títeres de luva até a narrativa teatral máis engaiolante”.