Novas

12-03-2021 -

«Viñetas do Camiño», a proposta do Concello de Fene para poñer en valor o Camiño Inglés a través do debuxo

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, presentou hoxe no Museo do Humor o proxecto “Viñetas do Camiño: unha ollada patrimonial ao Camiño Inglés en Ferrolterra” nun acto que contou coa participación do concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e da concelleira de Turismo, Ana Basoa, así como da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón. O alcalde destacou a transversalidade desta proposta, enmarcada no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia e dirixida a “promocionar o Concello de Fene e a comarca de Ferrolterra como destinos culturais e turísticos, promover o patrimonio cultural xacobeo como fonte de inspiración para a creación artística contemporánea, e fomentar o coñecemento do patrimonio relacionado co Camiño, particularmente entre os máis novos”.
09-03-2021 -

Abre o prazo para participar na XXV Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor 2021

Coa publicación no BOP das bases do XXV concurso de humor gráfico “Curuxa do humor”, abre hoxe o prazo de presentación de debuxos para o certame que organizan a Concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene. Os premios Curuxa teñen como obxectivo recoñecer o traballo dos mellores humoristas gráficos do momento (tanto galegos coma de calquera recuncho do estado español), amais de procurar unha maior proxección pública do Museo do Humor de Fene, un dos poucos do seu xénero que existen no noso país e no mundo.

Un ano máis, o concello de Fene segue apostando polos premios Curuxa como estandarte do Museo do Humor. Así, nesta vixésimo quinta edición do certame, o/a gañador/a da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) recibirá 2000 € e diploma e o gañador/a do segundo premio, 1500 € e diploma. Para a “Curuxa Nova” (categoría para menores de 25 anos) anúnciase un primeiro premio, dotado con 1.000 € e diploma, e un segundo premio, dotado con 500 € e diploma.
09-03-2021 -

Declaración institucional Día da Muller

Declaración institucional 8M, Día Internacional da Muller
05-03-2021 -

Fene conmemora o Día da Muller

Coa colocación da bandeira feminista na Casa do Concello de Fene, o Departamento de Benestar Social e Igualdade inaugura ás 14.00 horas deste venres os actos conmemorativos do 8 de Marzo, “Día da Muller”. Por mor da situación epidemiolóxica mundial provocada pola COVID-19 e seguindo os protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias competentes, este ano non haberá ningún acto público que implique a participación cidadá. O ciclo completarase cunha entrevista na Radio Municipal ás autoras que se encargaron de elaborar o cartaz e o manifesto deste ano e coa elaboración dun mural conmemorativo fronte ao Centro Municipal de Servizos Sociais.
 
04-03-2021 -

Cine e saúde para a rapazada de Fene, Mugardos e Neda

Ao redor de cincocentos nenos e nenas asistirán nos vindeiros días a unha nova proxección do ciclo Cinesaúde, promovido polos Servizos Sociais dos Concellos de Fene, Mugardos e Neda, coa colaboración da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública. A actividade encádrase nun programa de educación en valores co que, ademais, se pretende fomentar a prevención de condutas aditivas no eido local.
03-03-2021 -

O comercio de Fene ofrece unha fin de semana cargada de oportunidades

A Concellaría de Promoción Económica de Fene e a Asociación do comercio, a hostalaría e os servizos "O Cruceiro" organizan desde o venres até o domingo unha nova edición do outlet "Merca en Fene", que ofrecerá unha chea de saldos e ofertas interesantes, ademais de sorteos e música na rúa. Na cita participarán 24 establecementos e durante o seu desenvolvemento extremaranse as medidas preventivas co obxectivo de ofrecer a máxima seguridade para un evento que promete ser animado polo bo tempo que se agarda, pero tamén polo feito de que Fene xa se encontrará no nivel medio de restricións anunciado onte pola Xunta. Este primeiro outlet do ano pretende reactivar o consumo no comercio local como maneira de axudar á recuperación económica dos pequenos negocios de Fene. Ademais, esta mesma semana o Concello tamén aprobou a distribución das achegas do PEL Reactiva, das que se beneficiarán 91 establecementos e pequenas empresas por un montante total cercano aos 170.000 euros. Ademais o Concello tamén habilitará unha partida extraordinaria de 46.000 euros para que poidan entrar nas subvencións outros 19 negocios que cumpren os requisitos pero que quedaron fóra por esgotamento do crédito provincia.
01-03-2021 -

Exposición de Julia Pita na Casa da Cultura de Fene

Tras meses de parálise por mor das medidas restritivas impulsadas polas autoridades sanitarias para facer fonte á pandemia, este martes 2 de marzo reanúdase a actividade na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene cunha mostra da artista ferrolá Julia Pita. A exposición, que inaugura o calendario da sala en 2021, consta dunha trintena de óleos de temática variada, aínda que salientan as paisaxes e unha serie sobre geishas.
27-02-2021 -

A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Sangue de Galicia volve a Fene este luns

O luns 1 de marzo a Unidade Móvil do Centro de Transfusións de Sangue de Galicia estará en Perlío, de 15.30 a 21.00 horas, na Praza da Escola (diante da Asociación de Veciños).




25-02-2021 -

As instalacións deportivas municipais abren ao público

O Departamento de Deportes do Concello de Fene informa de que á vista da flexibiliación das restriccións decretadas pola Xunta o pasado día 26 de xaneiro,  e á espera da publicación da correspondente Orde no DOG,  as instalacións deportivas municipais voltarán a abrir ao público e  reanudaran a súa actividade gradualmente deste modo:
PISCINA MUNICIPAL DE CENTIEIRAS
  • Apertura ao público,  sábado día 27 de febreiro no horario de apertura establecido antes das últimas restriccións do 26 de xaneiro
  • Reinicio de escolas deportivas que se desenvolven na instalación o sábado 27 de febreirio. Poderán asistir   os usuarios inscritos nos cursillos en semanas alterna que lles corresponda a partir dese día.
PAIVLLÓN MUNICPAL A XUNQUEIRA E PAVILLÓN MUNIPAL O RAMO
  • Apertura ao públco, luns día 1 de marzo no horario de apertura establecido antes das últimas restriccións do 26 de xaneiro
  • Reinicio das escolas deportivas que se desenvolven na instalación o luns 1 de marzo. Poderán asistir os usuarios nos días e horas que tiñan as súas actividades programadas.
  • Alugueiros de pistas e espazos para clubes e particulares, o luns 1 de marzo segundo estableza a nova Orde que publique a Xunta de Galicia.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS QUE SE DESENVOLVEN FÓRA DO PAVILLÓN E PISCINA (Kárate e Judo), Ximnasio da casa da Cultura
  • Reinicio das actividades o luns 1 de marzo.
O concello de Fene que recórdalles:
- Que é obrigatorio o uso de máscara durante o acceso, estancia e o desenvolvemento da actividade deportiva dentro das instalacións, agas no transcurso das escolas de natación.
- A ratio de alumnos nas actividades serán os autorizados pola normativa sanitaria  que se publique na nova Orde da Xunta.
24-02-2021 -

Identificados os 12 participantes dunha festa ilegal celebrada en Fene na noite do venres

Un vídeo colgado na rede social Twitter foi o desencadeante dunha investigación policial a tres bandas que deu como resultado a identificación dos 12 mozos -tres deles menores de idade- que participaron na noite do pasado venres nunha festa ilegal organizada nunha vivenda da zona de Santa Ana, en Fene. As pesquisas concluíron esta mesma mañá tras completar a localización e filiación de todos os participantes que, segundo informou a Policía Local de Fene, serán denunciados por vulnerar a prohibición de xuntarse persoas non conviventes, por sobrepasar o horario de inicio do toque de queda e, na maioría dos casos, por saltar o peche perimetral dos seus respectivos concellos de residencia.