Novas

17-05-2023 -

17 maio, Día das Letras Galegas

O Concello de Fene súmase á celebración do Día das Letras Galegas de Francisco Fernández del Riego. 
Non deixar pasar a ocasión para coñecer máis polo miúdo a historia do Día das Letras e ao autor homenaxeado neste 2023 e entrade nos recursos achegados a esta nova.
Feliz Día. 
16-05-2023 -

Andaina por Magalofes o sábado 3 de xuño

Aberto o prazo de inscrición na ruta do sábado 3 de Xuño por Magalofes. Unha ruta de dificuldade baixa, de aproximadamente 5 km.
15-05-2023 -

Ao redor de cincocentas nenas e nenos participaron este domingo na XXVIII Milla Escolar Concello de Fene

O barrio de San Valentín foi o escenario, un ano máis, da Milla Escolar Concello de Fene, evento que mestura deporte, diversión, ocio e competición. Cun nivel de inscricións semellante ao de edicións anteriores, nas oito categorías nas que se dividiu a proba (cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín, biberón, prebiberón 2 e prebiberon 1) sumáronse ao redor de medio milleiro de participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. A Milla Escolar Concello de Fene está organizada pola Concellería de Deportes coa colaboración de Decathlon, Navantia, Eroski e Espacio Deportivo Ferrolterra.
15-05-2023 -

A SEPES e o Concello de Fene negocian a cesión dos terreos que permitirán a construción do novo Centro de Saúde

Os responsables municipais de Urbanismo e Servizos do Concello de Fene, Manuel Polo e Sandra Permuy, mantiveron un encontro o pasado venres coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, para avanzar na cesión de terreos propiedade de SEPES nas inmediacións da avenida de Tarrío, que lle permitirán ao Concello dispor do chan necesario para o novo Centro de Saúde de Fene. A sociedade posúe na zona 15.899 metros cadrados en varios predios que, segundo se tratou na xuntanza, pasarían a mans do consistorio, en compensación pola participación nos ingresos de venda de parcelas industriais no polígono do Vilar do Colo. Ademais de contar co espazo necesario para o centro médico -que o SERGAS ten proxectado para un prazo non inferior a tres anos- a responsable de SEA tamén expresou o interese estatal en que se inclúa a zona no plan de construción de vivendas asequibles unha vez que o Concello acometa a correspondente modificación urbanística.
15-05-2023 -

Maxia e humor na Biblioteca Municipal de Fene para conmemorar o Día das Letras Galegas

Mañá martes, 16 de maio ás 18.00 h, a biblioteca municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene acollerá o espectáculo “Habelas Hainas” da maga Leo Leíño. A función, dirixida a nenos e nenas de 6 anos en diante, xira ao redor das lendas e tradicións da nosa terra (Santa Compaña, San Andrés de Teixido, Celtas e druídas, a lenda do Apostol, romarías, etc. ), facendo uso da maxia e do humor.
Para asistir, cómpre anotarse ben por teléfono (981342302) ou presencialmente na biblioteca de 16.00 a 21.00 horas.
11-05-2023 -

En marcha a Festa do Deporte Adaptado Fene 2023

Cunha xornada técnica, dirixida a estudantes e profesionais do ámbito socio-sanitario, deportivo ou social, comezou esta mañá na Casa da Cultura a Festa do Deporte Adaptado Fene 2023, promovida por ASCM Galicia coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene. A psicóloga deportiva Teresa Allegue, a tamén psicóloga Pilar Carballeira e o director do Centro Activa, Jaime Aneiros interveñen na sesión de mañá para falar sobre psicoloxía deportiva, comunicación e discapacidade e os beneficios da actividade deportiva. Pola tarde, tamén na Casa da Cultura, intervirán o deportista paraolímpico Álvaro Illobre, o adestrador de Rugby adaptado Suso Victoria, o seleccionador nacioal sub-19 FEDPC e a árbitra nacional de boccia Paula Gárate. Falarán sobre o deporte adaptado, propoñendo un achegamento a distintas disciplinas coma o boccia, o baloncesto e rugby en cadeira de rodas, ou o fútbol 7 para Pc e Dca.
11-05-2023 -

Licitadas en 172.000 euros as obras de reurbanización da rúa Antonia Montero

O Concello de Fene ten aberto até o 25 de maio o prazo de recepción de propostas técnicas e económicas para acometer as obras de reurbanización da rúa Antonia Montero, en Perlío. O contrato sae a licitación pública por importe de 172.166,31 euros, ive incluído, e un prazo de execución máximo de catro meses. A obra consistirá na renovación do firme e dos servizos soterrados, ademais de contemplar a reordenación do tráfico no que é o principal acceso á estación do ferrocarril desde Marqués de Figueroa.
10-05-2023 -

Fran Amil actúa este sábado na presentación do libro gañador do Premio de poesía Pérez Parallé 2022

No marco da presentación do libro gañador do XXXV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, o CMI Unidade de Fene acollerá este sábado a actuación de Fran Amil (voz solista e guitarra acústica) e Fernando Román (saxo tenor), co espectáculo “Popsía”.

A actuación está organizada pola Concellería de Cultura de Fene coa colaboración da
Deputación da Coruña (Rede Cultural). Será o sábado 13 de maio a partir das 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar o aforo.
10-05-2023 -

O Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial darán a coñecer o vindeiro 18 de maio os debuxos gañadores do concurso Demo Pequeno

A responsable do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos, o editor de Demo Editorial, Manel Cráneo, e os debuxantes Santy Gutiérrez e Luís Sendón forman o xurado do I Concurso de BD de humor “Demo pequeno” que convocan o Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, e a editorial coruñesa. O xurado reuniuse este martes nas instalacións do Museo do Humor para avaliar os debuxos presentados ao certame que, na súa primeira edición, ascenderon a unha trintena. Tal e como se establece nas bases, o fallo darase a coñecer o vindeiro 18 de maio, coincidindo coa conmemoración do Día dos Museos, a través da páxina web e redes sociais do Museo do Humor Xaquín Marín, Demo Editorial e medios de comunicación.
09-05-2023 -

Campamentos deportivos de Verán da Deputación da Coruña

O Concello de Fene conta este ano con 5 prazas na 1ª quenda dos campamentos de verán da Deputación da Coruña. Será do 2 ao 7 de xullo de 2023 nas instalacións do IES Rosalía Mera (A Coruña). Campamento con estancia e manutención, onde poderán desfrutar dunha gran variedade de actividades.
Poden participar neste campamento os nenos/as nados/as entre o día 1 de xaneiro de 2009 e 31 de decembro de 2014.