CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Convocatoria do proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, chofer condutor e peón-tractorista
25-10-2016
Publicada a convocatoria do proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, chofer condutor e peón-tractorista, mediante o sistema de concurso-oposición libre
O obxecto desta convocatoria é a creación de tres listas de aspirantes ás seguintes prazas de funcionario/a interino/a:
– Peón, grupo: agrupación sen titulación; escala: administración especial; subescala: servizos especiais.
– Chofer condutor, grupo: C; subgrupo: C2; escala: administración especial; subescala: servizos especiais.
– Peón-tractorista, grupo: agrupación sen titulación; escala: administración especial; subescala: servizos especiais.
O nomeamento de funcionario/a interino/a solo poderá ter lugar cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable -artigo 10.1 do EBEP, artigo 23.2 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia e, neste ano, o artigo 20.dos da Lei 48/2015 de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016- e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
As listas de aspirantes creadas terán vixencia ata o 31 de decembro de 2019. Non obstante, as ditas listas quedarán anuladas automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproban novas listas de aspirantes.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no boletín oficial da provincia da Coruña.
Documentación:
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
– Copia do documento nacional de identidade, ou pasaporte.
– Copia do carné B ou C, segundo a praza.
– Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sétima. Os méritos profesionais deberán acreditarse coa copia dos contratos de traballo e co informe da vida laboral ou, no caso de Administracións Públicas, co certificado expedido polo fedatario público da Administración ou coa copia do contrato e/ou nomeamento e o informe de vida laboral.
– De ser o caso, copia do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.