Arquivo municipal

Historia do Arquivo Municipal

A historia do Arquivo vai paralela á historia de Fene como entidade xurídica autónoma e responde á necesidade de custodiar os documentos indispensabeis para a defensa dos seus dereitos e o bo funcionamento dos seus servicios.

Dende a súa constitución como concello, a casa consistorial estivo alugada en diferentes edificios particulares, ata que no ano 1981, unha vez finalizada a actual sede consistorial, o Arquivo se instala no terceiro andar da mesma, no que está depositada a documentación desde 1996 ata 2004. A documentación histórica e intermedia está depositada nun local alugado na mesma rúa, fronte á Casa do Concello.

Datos do Arquivo

O Arquivo Municipal está constituído por dous locais, o situado fora da Casa do Concello é sala de depósito e o local do terceiro andar comparte sala de depósito e despacho de traballo na mesma sala. Carece de sala de investigadores. A extensión que ocupan os seus fondos é de 128,60 metros lineais de andeis.

O Arquivo ocupase da conservación e catalogación da documentación existente, xestiona a documentación administrativa transferida polas diferentes seccións, controla os préstamos e atende as consultas do público, ben sexan de carácter histórico ou administrativo.

Na actualidade estanse incorporando tódolos ficheiros en papel a unha base de datos que permite a recuperación inmediata da información, ata o momento están rexistrados 32.192 expedientes. As linguas dos seus documentos son o galego e o castelán. Na actualidade o Arquivo ten dixitalizadas as actas do Pleno Municipal; estanse dixitalizando a serie de Quintas, por ser unha serie pechada, e a serie de Ensino, por ter documentación histórica de gran valor para a historia de Fene. Empezamos pola documentación máis antiga, por ser a que está en peor estado de conservación e a que máis riscos corre. Tamén hai dixitalizadas máis de tres mil documentos gráficos, na súa maioria fotografías, pero tamén carteis, folletos, xornais, escrituras… etc, algúns procedentes dos fondos do arquivo e outros do programa "Entre Nós" que se levou a cabo nos anos 2008 e 2009, que consistía, mediante a cesión deste material pola veciñanza para a súa dixitalización, e posterior devolución, recuperar así, parte da historia gráfica e documental do noso concello.

Descrición

O Arquivo conta co fondo municipal propiamente dito que é froito da actividade municipal como entidade xurídica. Así neste fondo podemos atopar Actas Municipais, Padróns Veciñais, Licenzas de Obras e Aperturas, Plans Urbanísticos, etc.

  • 3.1.1 Código de referencia: ES GA 15500 AMF.
  • 3.1.2 Título: Fondo municipal.
  • 3.1.3 Datas: 1712-2005.
  • 3.1.4 Nivel de descrición: Fondo.
  • 3.1.5 Volume e soporte da unidade de descrición: 678 m.l.
  • 3.2.1 Nome do produtor: Concello de Fene.
  • 3.2.4 Forma de ingreso: Transferencia.
  • 3.3.1 Alcance e contido: Toda a documentación xenerada e recibida polo Concello de Fene desde a súa creación ata a actualidade e que é obxeto de conservación permanente.
  • 3.3.2 Valoración, selección e eliminación: Conservación permanente.
  • 3.3.3 Novos ingresos: Transferencias periódicas de documentación.
  • 3.3.4 Organización: Clasificación mixta.
  • 3.4.1 Condicións de acceso: O acceso é libre, agás para os expedientes regulados pola lexislación vixente.
  • 3.4.2 Condicións de reprodución: A reproducción queda suxeita ó estado de conservación dos documentos e calquera reproducción nunha publicación deberá contar coa aprobación do Concello.
  • 3.4.3 Lingua/escritura da documentación: Galego e castelán.
  • 3.4.4 Características físicas e requisitos técnicos: Documentos textuais e gráficos. Soportes: papel, CD-ROM e DVD. O estado xeral da documentación histórica é deficitario, o da intermedia e actual é boa.
  • 3.4.5. Instrumentos de descrición: Inventarios. Catálogo. Base de datos.
  • 3.7.3 Data da descrición: maio 2016.

Os fondos

O Arquivo conta co fondo municipal froito da actividade municipal como entidade xurídica.

A primeira nova que temos documentada sobre a organización do fondo corresponde a un expediente datado en 1874 no que figura a entrega dos fondos do Arquivo Municipal polo secretario D. Luís Francisco Vázquez.

Non será ata o ano 1975 cando se produza unha reorganización do Concello, realizada polo secretario D. Hipólito Blanco Málvarez, que afecta á organización de fondos do Arquivo.

No ano 1984 dótase ó Arquivo Municipal de persoal técnico e a partir desta data empezase a organización do fondo, seguindo nun principio o Cadro de Clasificación do Grupo de Arquiveiros da Comunidade de Madrid, e a partir de 1998 siguese o Cadro de Clasificación do Grupo de Traballo de Arquivos da Administración Local de Galicia, editado pola Xunta de Galicia.

Servizos do Arquivo Municipal

Consulta

  • A consulta de documentos realizarase de xeito inmediato.
  • As consultas que requiran unha resposta especializada, nun prazo de seis días hábiles.
  • O horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
  • Libre acceso a todos os documentos de descrición.
  • Non se servirán orixinais cando o estado de conservación asi o aconselle.
  • A reproducción de documentos estará tamén suxeita ao estado de conservación da mesma.
  • O prezo das reproduccións é o fixado na Ordenanza Fiscal nº 13.

Asesoramento

  • Asesoraráse as persoas usuarias sobre calquera busca de información e datos relacionadas coa administración municipal e a historia de Fene.
  • Este asesoramento se realizará especialmente con investigadores/as e estudiantado sobre calquera tipo de investigación científica que teña relación coa historia do Concello de Fene e coa administración municipal.

Recepción de información polas persoas usuarias

  • Se facilitarán copias dos documentos de xeito inmediato.
  • As copias de planos e outro tipo de documentos con formatos específicos requerirá estudio por parte do servizo en función da disponibilidade do mesmo.

Custodia

  • Para garantir a correcta conservación dos documentos utilizaranse as técnicas e os medios que indican as directrices do Ministerio de Cultura, do Servizo de Arquivos da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, tanto para documentos en soporte papel como en soportes tecnolóxicos.

Entorno

  • As persoas usuarias do Arquivo Municipal disporán dunha sala de traballo confortable para a consulta de documentos.

Acceso a publicacións oficiais

  • Facilitarase o acceso inmediato ás publicacións oficiais a través de Internet.

Difusión

  • De xeito continuado o arquivo municipal difundirá documentos históricos do Concello de Fene, polos medios dos que dispoña tanto na actualidade como no futuro.

Sensibilización

  • Atenderánse as visitas de colexios e institutos e de calquera outra institución ao obxecto de sensibilizar as persoas usuarias sobre o contido do fondo documental municipal e a localización de fontes para o coñecemento da historia local.

Suxestións e reclamacións

  • Compromiso de resposta ás suxestións e reclamacións nun tempo máximo de 10 días, sendo os tempos medios inferiores a sete días.

Catálogo de servizos

  • Consulta de documentos municipais desde 1837 a 2006
  • Reproducción dos mesmos no soporte máis axeitado
  • Consulta dos boletíns oficiais a través de Internet
  • Préstamo interno aos/ás traballadores/as municipais e membros da Corporación
  • Asesorar e informar aos/ás traballadores/as municipais en materia de organización dos seus documentos e arquivos de xestión.
  • Atención ás visitas coa finalidade de ensinar a coñecer as fontes documentais para o estudio da historia e para os dereitos probatorios da cidadanía.


Os límites de acceso son os que están contemplados pola normativa, tanto no que se refire á garantía de conservación do patrimonio cultural como ao do honor e intimidade das persoas.

Para facer uso dos servizos precísase:

  • Ser maior de 16 anos, agás grupos de plans didácticos ou culturais
  • D.N.I. ou pasaporte

Normativa reguladora do servizo

  • Constitución española de 1978, artigos 20, 44, 103.1 e 105 b
  • Lei 7/1985 Reguladora de Bases de Réxime Local, artigos 18.1c,25.55c, 69 e 77
  • Lei 30/92 de Réxime Xurídico e de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, artigos 35.a, 37, 38, 45 e 46
  • Lei 7/2014 de 26/09/2014 de Arquivos e Documentos de Galicia
  • Regulamento do Arquivo Municipal, aprobado polo Concello Pleno de 08 de novembro de 2001 e publicado no Boletín Oficial da Provincia o 16 de Xaneiro de 2002 (nº 13)

Cómo podo contribuir a incrementar o patrimonio documental de Fene?

O Arquivo Municipal de Fene ten entre os seus cometidos reunir e conservar, para poñelos a disposición da consulta pública, todos os fondos e documentos que sexan de interese para a Historia de Fene. Varios disos fondos documentais actualmente conservados no Arquivo proceden de donacións ou cesións realizados por persoas e colectivos feneses.

En moitas ocasións hai documentos ou arquivos que non sabemos muy ben que facer con eles. Por unha parte ocupan espacio na casa, por outra danos reparo tiralos ao lixo ou a o reciclaxe ante a dúbida de se poderán conter datos de interese histórico. A nosa suxestión é que, antes de tomar unha decisión definitiva, consulte con nós a posibilidade de doalos ou ceder o seu uso -sen perder a sua propiedade- ao Arquivo Municipal.

Documentos familiares, vellas fotografías, facturas e outros documentos contabeis, xornais antigos, carteis, panfletos e outros diversos materiais poden conter información valiosa sobre a historia de Fene e pasarán a estar a disposición de todas as persoas e, especialmente, das xeracións más xóvenes.

Recorde que somos un Centro Público e que os documentos que nos entregue estarán sempre a disposición das persoas que deseen consultarlos responsabilizándonos da sua conservación.

Tamén pode contribuir ao incremento do noso Patrimonio Documental avisándonos da existencia de arquivos ou documentos de interese para a historia do Concello e que se atopen en risco de desaparición ou destrucción. Nós intentaremos establecer a propiedade desos arquivos, o seu interese histórico e a posibilidade de que sexan recuperados polo propio Arquivo Municipal ou por outro centro arquivístico galego.

Qué esperamos das persoas usuarias

  • Respeto e bo uso dos documentos
  • Respeto e bo trato para as instalacións que se poñen á súa disposición
  • Colaboración e aportación de datos fiables para facer as buscas dos documentos e identificación correcta dos mesmos.
  • No caso das persoas investigadoras, identificación previa e presentación do traballo a desenvolver
  • Trato correcto ao persoal do arquivo municipal
  • Respecto á normativa vixente

Calquera suxestión ou iniciativa para a mellora do servizo será ben recibida

Ante calquera dúbida ou consideración sobre o incumplimento dos compromisos do Arquivo Municipal poden dirixirse á persoa responsábel do mesmo, quen facilitará as explicacións oportunas.

Máis información

[Casa do Concello]
Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n.

Teléfono: 981 492 782 / Fax: 981 492 701 / Emailarquivo@fene.gal

Horario de atención ó público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Descargas
Ligazóns