Xestións municipais

Concertos fiscais e bonificacións

Os clubs e entidades deportivas federadas con domicilio en Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín así como a piscina municipal de Centieiras ou o campo de Fútbol municipal dos Pinares, pagarán as tarifas establecidas no artigo 6.1.1: sempre e cando se trate de usos para a práctica deportiva para os que están federados.

Alta no Padrón Municipal de Habitantes

A alta no Padrón Municipal de Habitantes é a tramitación necesaria para a inscrición no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Certificados de empadroamento

O Certificado de empadroamento que acredita a persoa (individual) ou todas as persoas (colectivo) inscritas nun domicilio tal e como constan no Padrón de Municipal de Habitantes de Fene

Modificación de datos no Padrón Municipal de Habitantes

Modificación dos datos referidos a nome e apelidos, data ou lugar de nacimiento, nacionalidade, documento identificativo e nivel de estudios, que aparecen recollidos no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.
 

Cambio de enderezo no Padrón Municipal de Habitantes

Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.

Volante de empadroamento

Xustificante do empadroamento de todas as persoas dun enderezo tal e como consta na actualidade no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.
 

Altas, baixas e modificacións censais

O contribuínte poderá solicitar a alta, a baixa, ou a modificación dos datos dos padróns municipais das taxas pola recollida de lixo, pola prestación de servizos no cemiterio municipal, e por entradas de vehículos a través de beirarúas (pasaxes permanentes).

Presentación aval bancario

Toda persoa física ou xurídica que deba constituir un aval bancario ante o Concello de Fene deberá presentalo no Rexistro Xeral do Concello.

Solicitude Servizo Asistencia no Fogar

Trátase dunha das prestacións básicas dos Servizos Sociais de Atención Primaria e utilizada como un instrumento de intervención social e/ou un recurso social para a cobertura de determinadas necesidades sociais.

Celebración do matrimonio civil

Para realizar un matrimonio civil no Concello de Fene, en primeiro lugar cómpre reservar o día e a hora para a celebración do matrimonio.