Modificación de datos no Padrón Municipal de Habitantes

Modificación dos datos referidos a nome e apelidos, data ou lugar de nacimiento, nacionalidade, documento identificativo e nivel de estudios, que aparecen recollidos no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Dirixido:

Calquera persoa que conste inscrita no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Pode solicitar a modificación de datos:

A persoa interesada

Unha persoa que conste empadroada co interesado/a e teña autorización para comunicar variación de datos

Un representante autorizado polo solicitante e acompañado do impreso cumprimentado (aquí)

Requisitos:

Para a súa tramitación debe presentarse no Departamento de Padrón de Habitantes do Concello (1º andar), co DNI ou documento identificativo ORIXINAL en vigor, xunto coa documentación ORIXINAL a modificar, segundo corresponda:

DNI, NIE ou Pasaporte en vigor

Libro de familia para os menores de idade ou Partida de nacemento

Documento xustificativo do nivel de estudos completos

 
Non hai que presentar unha SOLICITUDE para tramitar a modificación

Lugar de solicitude:

Casa do Concello:

Departamento Padrón Habitantes, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón José Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña
Teléfono: 981 492 771 

Vía telemática:

Nunha Instancia Xeral solicítase a modificación do dato que corresponda no Padrón Municipal de Habitantes, adxuntando o documento identificativo da modificación.

INICIAR trámite On Line. O nivel de rexistro requerido en Cl@ve Móvil é o avanzado (alta con certificado electrónico, DNIe), aquí

 

Áreas
Descargas