Volante de empadroamento

A través desde procedemento, o cidadán pode solicitar o volante de empadroamento, documento informativo sobre a residencia e o domicilio habitual no municipio.

Dirixido:

Calquera persoa que estea inscrita no Padrón Municipal de Habitantes de Fene. Pódeo solicitar a persoa interesada ou un respresentante autorizado/a polo/a solicitante sen custe.

Documentación:

En Volantes Individuais:

• DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, da persoa que o solicita.
• Autorización para a representación.
• No caso que o Volante se solicite para persoa maior de idade, distinta do interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.
• No caso de menores de idade,  DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, dunha persoa empadroada co menor ou autorización a unha persoa distinta dos empadroados co menor.

En Volantes Colectivos:

• DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, da persoa que o solicita.
• Autorización para a representación.
• No caso que o Volante se solicite para persoa maior de idade, distinta ao interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.

• No caso de menores de idade,  DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, dunha persoa empadroada co menor ou autorización a unha persoa distinta dos empadroados co menor.

Notas para a cidadanía:

Se se actúa en nome propio, e a situación padronal o permite, o Volante Individual, xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse sen custe no momento. Noutro caso, a súa solicitude darase de alta e o Volante será tramitado posteriormente polo Concello.

Lugar de solicitude:

Casa do Concello:

Departamento Padrón de Habitantes, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña

Teléfono: 981 492 771

Telematicamente:

INICIAR trámite On Line. O nivel de rexistro requerido en Cl@ve Móvil é o avanzado (alta con certificado electrónico, DNIe). Aquí

Áreas
Descargas