Modificación por Cambio de domicilio no Padrón Municipal de Habitantes (dentro do mesmo municipio)
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos.
Dirixido:
Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.
- A folla cumprimentada será asinada por todos os maiores de idade que se inscriban.
- De se incorporaren novos habitantes a unha vivenda xa habitada, amáis terá que asinar a autorización das novas inscricións, a persoa maior de idade que dispoña dalgún título que acredite a posesión da vivenda (escritura de propiedade, contrato de aluguer). (Recadro persoa que autoriza).
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
Documentación:
Esta xestión tramítase presentando a solicitude, de modo presencial na Unidade de Estatística, achegando:
- DNI ou documento substitutivo de todos os maiores de 14 anos ou menores no seu caso
- Libro de familia para os menores de idade ou Partida de nacemento
- Documento xustificativo do domicilio – onde figure o domicilio correcto e completo (rúa, número, piso, letra)
- Solicitude Cambio de domicilio – Cumprimentada e asinada por todos os maiores de idade.
- Solicitude AUTORIZACION informatizada – No caso de que no domicilio de Alta consten mais dunha persoa maior de idade para autorizar a levar os datos do padrón entre elas
- Autorización MENOR para Alta ou Cambio enderezo – Para autorizar a dar de Alta ao menor cando un dos proxenitores non se empadroa ou non figura empadroado no domicilio do menor
- Declaración RESPONSABLE MENOR – Cando non hai sentenza xudicial de garda e custodia ou non autoriza o proxenitor que non se empadroa co menor
- Delegación para trámites de empadroamento – Asinada por todos os maiores de idade para delegar - nunha persoa maior de idade e axena ao domicilio de empadroamento ou que non teña autorización nese enderezo para realizar trámites cos datos do padrón municipal de habitantes de Fene - o trámite de Cambio de enderezo no departamento de Estatística.
- Solicitude Baixa por Inscrición Indebida – O/A propietario/a da vivenda poderá solicitar a baixa dos habitantes que figuren empadroados no domicilio e xa non residen en dito domicilio
Lugar de solicitude:
Casa do Concello:
Unidade ESTATÍSTICA, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña
Teléfono: 981 492 771 Fax: 981 492 788
Na páxina do Concello:
SEDE ELECTRÓNICA – Rexistro Telemático
Soporte Técnico da Deputación A Coruña para as consultas ou dúbidas que teña a cidadanía con relación á Sede electrónica: 981 080 300.
Áreas
Descargas
- Solicitude AUTORIZACIÓN informatizada no Padrón Municipal [PDF]
- Autorización MENOR para Alta ou Cambio enderezo no Padrón Municipal [PDF]
- Delegación para trámites de empadroamento [PDF]
- Folla inscrición padroal
- Declaración responsable aportando R. Xudicial anexo V
- Declaración responsable sen aportar R. Xudicial anexo IV