Altas, baixas e modificacións censais

O contribuínte poderá solicitar a alta, a baixa, ou a modificación dos datos dos padróns municipais das taxas pola recollida de lixo, pola prestación de servizos no cemiterio municipal, e por entradas de vehículos a través de beirarúas (pasaxes permanentes).
 
Para elo deberá presentar perante o Concello o modelo de solicitude de alta/baixa/modificación debidamente cuberto, achegando co mesmo a documentación xustificativa que motive a alta, baixa ou modificación solicitada.

No caso da taxa pola prestación de servizos no cemiterio municipal, as altas produciranse no intre da concesión municipal de oficio. Só no caso de que o novo titular xa conste como copropietario no título de concesión de nicho poderá pedirse o cambio de titularidade no padrón de dita taxa a instancia de parte.

Inclúese tamén neste apartado modelo para solicitar a baixa da taxa pola prestación de servizos deportivos ou culturais.

Lugar de tramitación

Casa do Concello, 1º andar. Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene

Teléfono: 981 344 366  / Fax: 981 344 366

Áreas
Descargas