Concertos fiscais e bonificacións

Concertos fiscais

Os clubs e entidades deportivas federadas con domicilio en Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín así como a piscina municipal de Centieiras ou o campo de Fútbol municipal dos Pinares, pagarán as tarifas establecidas no artigo 6.1.1: sempre e cando se trate de usos para a práctica deportiva para os que están federados.

Bonificacións

Segundo o establecido na lexislación vixente, e previos os informes que se estimen oportunos,o órgano competente do Concello poderá outorgar bonificacións sobre o importe dos dereitos da presente tarifa relativos á utilización de instalacións deportivas e culturais, e mesmo a total condonación deles, sempre que se trate da utilización das instalacións para a celebración de actos organizados con fins benéficos ou culturais de carácter especial, entendendo por tales aqueles que gozan dunha especial relevancia para a comunidade local ou que conten con colaboración municipal.

As persoas ou entidades interesadas na obtención das bonificacións citadas no artigo anterior, presentarán a correspondente solicitude no Rexistro Xeral do Concello, acreditando suficientemente as circunstancias que xustifiquen a súa pretensión. As citadas solicitudes presentaranse cun mínimo de dez días de antelación á celebración da actividade en cuestión.

Exencións

Estarán exentos do pagamento das tarifas por utilización dos Pavillóns do Ramo e de San Valentín o Concello de Fene, os colexios públicos do concello, os partidos políticos e centrais sindicais con implantación municipal así como os órganos de representación do cadro de persoal do Concello.

Estarán exentos do pagamento das tarifas por utilización dos ximnasios, instalacións deportivas descubertas e instalacións culturais o Concello de Fene, os colexios públicos do concello, os partidos políticos e centrais sindicais con implantación municipal, os órganos de representación do cadro de persoal do Concello e as entidades inscritas ou que solicitaran a súa inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións.

Lugar de solicitude

Casa do Concello [Rexistro Xeral, 1º andar] Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene

Teléfono: 981 492 707, Extensión: 205

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas.

Áreas
Descargas