A alta no Padrón Municipal de Habitantes é a tramitación necesaria para a inscrición no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.
Dirixido:
Todas aquelas persoas maiores de idade e menores autorizados que se queiran dar de alta no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.
- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
- A baixa no anterior municipio ou país tramítase dende o concello onde causa a Alta coa solicitude desta.
Documentación:
Esta xestión tramítase presentando a solicitude, de modo presencial na Unidade de Estadística, achegando:
- DNI ou documento substitutivo de todos os maiores de 14 anos ou menores no seu caso
- Libro de familia para os menores de idade ou Partida de nacemento
- Documento xustificativo do dominilio – onde figure o domicilio correcto e completo (calle, número, piso, letra)
- Folla de inscrición ou modificación – Con todas as persoas maiores ou menores que solicitan a Alta e asinada por todos os maiores de idade no recuadro grande inferior.
- Solicitude AUTORIZACIÓN informatizada – No caso de que no domicilio de Alta consten mais dunha persoa maior de idade para autorizar a levar os datos do padrón entre elas
- Autorización ALTA en folla padroal – Para autorizar a persona maior de idade propietaria que non
figura empadroada no domicilio de solicitude de Alta ( vivenda dun familiar … ) - Autorización MENOR para Alta ou Cambio enderezo – Para autorizar a dar de Alta ao menor
cando un dos proxenitores non se empadroa ou non figura empadroado no domicilio do menor - Declaración RESPONSABLE MENOR – Cando non hai xentenza xudicial de garda e custodia ou
non autoriza o proxenitor que non se empadroa co menor - Solicitude Baixa por Inscrición Indebida – O/A propietario/a da vivneda poderá solicitar a
Baixa dos habitantes que figuren empadroados no domicilio e xa non residen en dito domicilio - Delegación para trámites de empadroamento – Asinada por todos os maiores de idade para delegar nunha persoa maior de idade e axena ao domicilio de empadroamento, o trámite de Alta no padrón de habitantes de Fene.
Lugar de solicitude:
Casa do Concello:
Unidade ESTATÍSTICA, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña
Teléfono: 981 492 771 Fax: 981 492 788
Na páxina do Concello:
SEDE ELECTRÓNICA – Rexistro Telemático
Soporte Técnico da Deputación A Coruña para as consultas ou dúbidas que teña a cidadanía con relación á Sede electrónica: 981 080 300.
Áreas
Descargas
- Autorización MENOR para Alta ou Cambio enderezo no Padrón Municipal [PDF]
- Declaración RESPONSABLE MENOR [PDF]
- Delegación para trámites de empadroamento [PDF]
- Autorización ALTA ou CAMBIO DE ENDEREZO en folla padroal allea [PDF]
- Declaración responsable sen aportar R. Xudicial anexo IV
- Declaración responsable aportando R. Xudicial anexo V
- Folla inscrición padroal
- Solicitude autorización automatizada