Contratación

O Departamento de Contratación facilita os pregos de condicións económicos, administrativos e técnicos, compulsa documentación de contratos convocados polo Concello e informa sobre expedientes en curso, condicións de contratos e proxectos de execución de obras.

Encárgase de tramitar as licitacións, os expedientes de contratación de obras de investimento, obras de mantemento, xestión de servizos públicos, subministracións, compras e adquisicións, consultorías, asistencias técnicas e proxectos de obras municipais.

Intercambia información coa Intervención municipal sobre aspectos económicos das contratacións e realiza a tramitación administrativa das certificacións de obras, servizos, subministros, adquisicións derivadas dos contratos tramitados co fin de realizar a comprobación, aprobación e notificación e de efectuar a devolución de fianzas dos contratos.

Máis información

Departamento de Contratación

[Casa do Concello]
Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n.

Teléfono: 981 492 781 Ext.: 2202 / Fax: 981 492 788 / Emailsecretaria@fene.gal