Sistema de Intercambio de Rexistros

Sistema de Interconexión de Rexistros (S.I.R.)

É a infraestrutura básica que permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro entre as Administracións Públicas.

De forma segura e con conformidade legal, independentemente da aplicación de rexistro empregada, sempre que estea certificada na Norma SICRES 3.0

A súa implantación permite eliminar o tránsito de papel entre administracións, aumentando a eficiencia e eliminando os custos de manipulación e remisión do papel, grazas á xeración de copias auténticas electrónicas da documentación presentada nos asentos de rexistro.

Os cidadáns ( persoas físicas) poden enviar polo rexistro dixitalizado os escritos e documentación ás Administracións Públicas (substitúe ao anterior PORTELO para envío de documentación ás Consellerías da Xunta de Galicia).

Pódese enviar a calquera Administración Pública que estea adherida ao SIR, por exemplo: Deputación de A Coruña, Subdelegación do Goberno na Coruña, Ministerios, Concellos …

As persoas xurídicas teñen que envíalo pola sede da Administración destinataria correspondente.

Para rexistrar os escritos e os documentos a outras Administracións Públicas

REXISTRO XERAL - 1º andar da Casa do Concello
Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n.
Teléfono: 981 492 781

Horario de atención ao público: de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas.

Normativa

Ley 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das AA.PP.s

Ligazóns