O Certificado de empadroamento que acredita a persoa (individual) ou todas as persoas (colectivo) inscritas nun domicilio tal e como constan no Padrón de Municipal de Habitantes de Fene
Dirixido:
Calquera persoa que estea o estivese empadroada ou terceiros con autorización. Non ten custe
Documentación:
En certificados individuais:
- DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, da persoa que o solicita.
- Autorización para a representación.
- No caso que o certificado se solicite para persoa maior de idade, distinta do interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.
- No caso de menores de idade, DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, dunha persoa empadroada co menor ou autorización a unha persoa distinta dos empadroados co menor.
En certificados colectivos:
- DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, da persoa que o solicita.
- Autorización para a representación.
- No caso que o certificado se solicite para persoa maior de idade, distinta ao interesado, debe aportarse autorización firmada autorizando a representación.
- No caso de menores de idade, DNI, NIE ou Pasaporte orixinal en vigor, dunha persoa empadroada co menor ou autorización a unha persoa distinta dos empadroados co menor.
Notas para a cidadanía:
Se se actúa en nome propio, e a situación padronal o permite, o Certificado Individual, o Certificado Histórico e o Certificado Negativo Individual xéranse de forma automática tras a solicitude polo que poden descargarse sen custe no momento. Noutro caso, a súa solicitude darase de alta e o certificado será tramitado posteriormente polo concello.
Lugar de solicitude:
Casa do Concello:
Departamento Padrón de Habitantes, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña
Teléfono: 981 492 771
Telematicamente:
INICIAR trámite On Line. O nivel de rexistro requerido en Cl@ve Móvil é o avanzado (alta con certificado electrónico, DNIe) aquí
