Solicitude Servizo Asistencia no Fogar

Trátase dunha das prestacións básicas dos Servizos Sociais de Atención Primaria e utilizada como un instrumento de intervención social e/ou un recurso social para a cobertura de determinadas necesidades sociais.

 

1.- Sistema básico, de libre concorrencia:

  1. O procedemento iniciarase a instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións e do procedemento administrativo común e cos baremos que se elaboren en desenvolvemento do estipulado na Orde.
  2. Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente, así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.

Lugar de solicitude:

As solicitudes deberán presentarse a instancia de particular no Rexistro Xeral do Concello e irán dirixidas ó Alcalde-Presidente do Concello de Fene, segundo modelo oficial. Previa á solicitude presentarase a demanda nos Servizos Sociais de Base. Tamén se poderán realizar de oficio por parte do persoal técnico de Servizos Sociais en casos especiais e/ou de urxente necesidade.

O prazo estará aberto todo o ano, sen prexuízo da realización dunha convocatoria pública anual coa finalidade de información xeral sobre o servizo e recepción de demanda de posibles usuarios/as.

 

2.- Sistema de Dependencia: Concesión directa tras a concesión do PIA (Plan Individual de Atención) de SAF por parte da Xunta de Galicia, e autorización da Xunta as novas altas.

Lugar de tramitación:

Servizos Sociais do Concello de Fene

Centro de Servizos Sociais.

Avda do Mar, bloque I-baixo.

SAN VALENTÍN. FENE.

servizos.sociais@fene.gal

Teléfonos directos: 981 342 607; 981 492 706

 

Áreas
Descargas