En primeiro lugar as persoas interesadas teñen que reservar día, hora para a celebración do matrimonio. Para iso, hai que reservar a data e posteriormente rexistrar toda a documentación, segundo modelos aquí achegados, no Rexistro Xeral.
Onde se realiza a reserva?
Avda. de Naturais 44, Entresollado dereita - 15500 Fene
Teléfono: 981 340 366
Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:30 a 13:30 horas.
Que documentación precisamos?
Unha vez confirmada a data rexistraremos a documentación requirida polo concello:
- 1 Fotocopia do D.N.I, cartón de residencia ou pasaporte en vigor cando se trate de estranxeiros, de cada un dos contraentes (Non será válida unha foto)
- 1 Fotocopia do D.N.I, cartón de residencia ou pasaporte en vigor se son estranxeiros, das 2 testemuñas designadas polos contraentes
- 1 Volante empadroamento Concello de Fene
Rexistro Civil
Unha vez confirmada a data polo Concello, inciaremos o expediente matrimonial no Rexistro Civil que corresponda, onde se nos informará dos requisitos e documentación a presentar.
Unha vez recibida a autorización do Rexistro Civil, poderemos formalizar o matrimonio.
Ademais da tramitación do matrimonio no Concello, podemos instar a a tramitación do expediente a través dun/dunha notario/a ou Rexistro Civil. Para máis información deste trámite prema aquí
