CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social
16-09-2016
Publicado no BOP do 15/06/2016 a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social, mediante o sistema de concurso libre
O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social para, segundo o caso, ser nomeado/a como funcionario/a interino/a dunha praza do grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica ou ser contratado/a como persoal laboral temporal cunha categoría equivalente ó grupo: A; subgrupo: A2.
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo I e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 7 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
– Copia compulsada do documento nacional de identidade, ou pasaporte.
– Copia compulsada do título que acredita como requisito mínimo para acceder ó proceso selectivo.
– Documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sétima. A prestación de servizos deberá acreditarse co certificado expedido polo fedatario público da correspondente administración ou coa copia cotexada do nomeamento/contrato de traballo e o informe de vida laboral.
A formación acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou copias debidamente cotexadas.
– De ser o caso, copia compulsada do CELGA 4 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.
Finalizado o prazo de presentación de instancias, o alcalde, mediante resolución, aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do concello, relacionándose os aspirantes excluídos con indicación da causa da súa exclusión. Os aspirantes disporán dun prazo de 3 días hábiles para a emenda das deficiencias que se sinalen. Estas emendas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do concello e na que se incluirá a composición do tribunal -de non terse designado nun momento anterior-.
Contra a resolución na que se declare a lista definitiva de admitidos e excluídos, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso de contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a xurisdición contenciosa-administrativa, contados a partir do seguinte ó da publicación no taboleiro de edictos e na páxina web do concello.
O resto das resolucións serán expostas no taboleiro de edictos e publicadas na páxina web do concello.
Descargas
- Anexo I [PDF]
- Instancia traballador/a social [DOC]
- Lista provisional traballador/a social. Publicada o 03/10/2016 [PDF]
- Lista definitiva traballador/a social. Publicada o 19/10/2016 [PDF]
- Anuncio subsanación méritos. Publicada en web 03/11/2016 [PDF]
- Anuncio alegacións traballadora social. Publicada en web o 16/11/2016 [PDF]
- Acordo da sesión do 25 de novembro do tribunal de selección traballadora social
- Anuncio do acordo da sesión do 29 de novembro do tribunal de selección traballadora social
- Lista interinidad traballadora social. Decreto 1313 do 05/12/2016
- Nomeamento 20/12/2016
- Anuncio contratacion traballadora social 26/02/2018 Anuncio web.pdf