CONCELLERÍA DE PERSOAL, SEGURIDADE, FORMACIÓN E EMPREGO
Convocatoria dunha lista de aspirantes de persoal laboral temporal, condutor de vehículo motobomba
13-07-2016
Publicado no BOP do 13 de xullo a convocatoria dunha lista de aspirantes de persoal laboral temporal, condutor de vehículo motobomba (servizo de extinción de incendios), mediante o sistema de concurso-oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó modelo que figura no anexo I e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro.
Á instancia, conforme ó modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
- Copia compulsada do documento nacional de identidade, ou pasaporte.
- Copia compulsada do carné C de conducir.
- Copia compulsada dos documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sétima. Os méritos profesionais deberán acreditarse con copia cotexada dos contratos de traballo e co informe da vida laboral ou, no caso de Administracións Públicas, co certificado expedido polo fedatario público da correspondente Administración ou coa copia cotexada do nomeamento e o informe de vida laboral. Ademais, poderán achegarse certificados de empresa ou da Administración Pública para acreditar as concretas funcións dos traballos desenvoltos.
- De ser o caso, copia compulsada do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.