Nomeamento de dous peóns interinos
27-04-2017
Nomeamento como funcionarios interinos dunha praza do grupo: agrupación sen titulación; escala: Administración Especial; subescala: Servizos Especiais; Clase: persoal de oficios; denominación: peón(a).
Requirese aos funcionarios que procedan a tomar posesión da praza de funcionaria interina no prazo de dous días hábiles.
Se non toman posesión da praza de funcionaria interina quedará sen efecto o nomeamento realizado e pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar un suposto de forza maior.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto.