Convocatoria da provisión en comisión de servizos dun posto de policía local

Convocatoria da provisión en comisión de servizos dun posto de policía local

Publicado no BOP do 18 de maio a convocatoria da provisión en comisión de servizos dun posto de policía local.

Principais funcións do posto: asumir as funcións propias da escala e categoría, segundo a Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado e Lei 4/2007 de coordinación de Policías Locais e demais normativa vixente, emitir informes e partes de incidencias e calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra.

- Requisitos: ter a categoría de policía local en activo dun concello da Comunidade Autónoma de Galicia e contar co informe previo favorable do concello de procedencia.

Prazo de presentación: 10 días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP da Coruña. (BOP 18/05/2017)

Documentación a presentar: instancia, conforme ó modelo sinalado a continuación, acompañada de: currículo vitae onde se indiquen os méritos alegados (experiencia e formación), certificacións ou documentos que acrediten a categoría de policía local en activo dun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, a experiencia profesional e formación alegada e informe favorable do concello de procedencia.

Ligazóns