Praza de técnico/a de administración xeral

Praza de técnico/a de administración xeral

Praza de técnico/a de administración xeral

Publicado no BOP do 19 de xuño a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a da praza de técnico de administración xeral, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ó  anexo II e dirixiranse ó alcalde da corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.

Presentaranse no rexistro xeral do concello, podendo presentarse tamén conforme ó sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no boletín oficial da provincia da Coruña.

Á instancia, conforme ó modelo que figura como anexo II, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:

– Copia do documento nacional de identidade, ou pasaporte.

– Copia do título que acredita como requisito mínimo para acceder ó proceso selectivo.

– Documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sétima. A prestación de servizos deberá acreditarse co certificado expedido polo fedatario público da correspondente Administración, ou coa copia do nomeamento e o informe de vida laboral.

– De ser o caso, copia do CELGA 4 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.

 

Ligazóns