Nomeamento chofer condutor
23-06-2017
Publicado o anuncio relativo ao nomeamento dun chofer condutor como funcionario interino.
O interesado deberá tomar posesión da praza de funcionario interino o 01.07.2017 debendo achegar, con carácter previo (como moi tarde ás 13.00 horas do 30.06.2017), a documentación detaiada no anuncio.
Se no prazo indicado, non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión da praza de funcionario interino, quedará sen efecto o nomeamento realizado e pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes salvo que poida acreditar un suposto de forza maior.