Anuncio nomeamento administrativa interina
28-06-2017
Publicado o anuncio do nomeamento como funcionaria interina dunha praza do grupo: C; subgrupo: C1; escala: administración xeral; subescala: administrativa para a substitución transitoria dunha traballadora municipal que se encontra de baixa, ata o 13.09.2017.
Requirir á interesada que proceda a tomar posesión da praza de funcionaria interina, nun prazo máximo de catro días hábiles, debendo achegar, con carácter previo, a seguinte documentación:
- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten “a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de administrativa”.
- Declaración xurada de non estar incursa en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separada nin inhabilitada do servizo público.
Se no prazo indicado, non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión da praza de funcionaria interina, quedará sen efecto o nomeamento realizado (salvo que poida acreditar un suposto de forza maior).
Descargas
- Anuncio nomeamento administrativa. Publicado web 28/06/2017
- Resolución de alcaldía núm. 841/2016 do 02.08.2016 polo que se aproba a bolsa de interinos/as administrativos/as.
- Anuncio terceiro exercicio e proposta bolsa interinos 18.07.2016
- Anuncio puntuacións publicado 08.07.2016
- Anuncio aprobación listado definitivo 17.06.2016
- Anuncio listado provisional publicado 07.06.2016