Contratación de persoal laboral temporal, 6 peóns e 1 oficial albanel
30-06-2017
O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal laboral temporal, 6 peóns e 1 oficial albanel, para a realización de obras e servizos mínimos municipais, segundo o establecido nas Bases do Programa de Integración Laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
As contratacións serán a 74% da xornada completa e cunha duración de 4 meses, realizándose na modalidade de duración determinada previstas nos apartados a) e b) do artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
No prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP 30 de xuño de 2017), os/as aspirantes deberán presentar a súa solicitude, segundo o modelo do ANEXO I destas bases, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (neste caso, os/as aspirantes deberán comunícalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias) xunto coa seguinte documentación:
- Copia do D.I. ou equivalente
- Documentación acreditativa da experiencia laboral, onde apareza claramente reflexada a data de inicio e remate da contratación, así como a categoría profesional (informe da vida laboral e copia dos contratos de traballo).
- Documentación acreditativa, dos correspondentes títulos ou diplomas que se acheguen da formación.
- De ser o caso, copia do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.
- Xustificación documental na que quede debidamente acreditado estar incluido/a nalgún dos apartados da base 3ª de requisitos dos aspirantes.
Para persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao 33% oficialmente recoñecido, é preciso unha fotocopia do certificado de minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente
Para persoas en situación de drogodependencia, con fogar onde ninguén teña emprego, con fogar monoparental, con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, sen fogar, vítimas de violencia de xénero, é preciso un informe dos servizos sociais municipais
Parados de longa duración (mínimo 2 anos como demandantes de emprego), é preciso un informe de vida laboral actualizado