Anuncio nomeamento administrativo interino
11-12-2017
Publicado o anuncio relativo ao nomeamento administrativo interino.
Requírese ao funcionario interino que proceda a tomar posesión do posto de funcionario interino, nun prazo máximo de catro días hábiles, debendo achegar, con carácter previo, a seguinte documentación:
- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten “a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de administrativo”.
- Declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separada nin inhabilitada do servizo público.
Se no prazo indicado, non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión do posto de funcionario interino, quedará sen efecto o nomeamento realizado (salvo que poida acreditar un suposto de forza maior).