Contrato interinidad traballadora social
26-02-2018
Publicado o anuncio da contratación dunha traballadora social:
Requírese á traballadora que no prazo improrrogable de tres días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación da presente resolución na páxina web do concello, presente a seguinte documentación:
- Certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas de traballadora social.
- Declaración xurada de non estar incursa en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separada nin inhabilitada do servizo público.
Se no prazo indicado a aspiranta non presenta a documentación requirida ou o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” non poderá ser contratada e pasará a ocupar o último lugar da lista de aspirantes, salvo que poida acreditar un suposto de forza maior.