A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, presidiu esta mañá o acto de entrega de premios do XIV Concurso de Tapas. Un certame no que participaron nove establecementos, competindo nas categorías de Tapa Tradicional, Tapa Creativa, Tapa Popular Tradicional e Tapa Popular Creativa.
Tras a celebración deste evento, que permitiu probar as elaboracións culinarias coas que os locais de Fene sorprenderon á súa clientela, recolléronse 3.348 tarxetas. Ademais, 187 persoas conseguiron completar o percorrido, probando as nove tapas a concurso durante as dúas fins de semana que durou o mesmo.