A tradicional Romaría do Pote que organiza a ACRD O Pote de Maniños, celébrase este domingo, 31 de agosto. Como complemento aos actos programados pola sociedade fenesa, a Concellería de Cultura (en colaboración co programa Rede Cultural da Deputación) anuncia para ese día o espectáculo Ghop!, de Teatro ao cubo. A función, dirixida a todos os públicos, comezará na asociación ás 12.30 horas, con entrada libre e de balde.