Baremación aspirantes a técnico de administración xeral 

Baremación aspirantes a técnico de administración xeral 

O tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a técnico de administración xeral segundo as bases aprobadas mediante Resolución da alcaldía 638/2017, nomeado mediante Resolución de alcaldía 759/2017 en sesión do 19.07.2017 realizou a baremación da fase de concurso. 

Concédese un prazo de tres días hábiles para a presentación de alegacións á valoración de méritos realizada e achegar as emendas requiridas-
A resolución definitiva da fase de concurso realizarase, en todo caso, antes da realización da primeira proba da fase de oposición. No caso de que non se presenten reclamacións ou emendas a baremación entenderase definitiva.

Convócase aos aspirantes ao primeiro exercicio da fase de oposición que terá lugar ás 9.30 h no salón de Plenos da Casa Consistorial o día 28.07.2017. Deberán acudir provistos de DNI e permitirase a utilización de textos legais/normativos non comentados.

 

Descargas
Noticias relacionadas