Baremación final da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal: 6 peóns e 1 oficial albanel
21-08-2017
O tribunal de selección do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal de 6 peóns e 1 oficial albanel, mediante o sistema de concurso-oposición libre, convocado mediante Resolución de alcaldía 676/2017 de 21.06.2017, por unanimidade dos seus membros, fai pública a baremación final da fase de concurso.
Fronte a este acordo, acto de trámite cualificado que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes dende a súa publicación no taboleiro de edictos do Concello ou na web do Concello ante o tribunal de selección ou ante o alcalde do Concello de Fene -órgano competente para a súa resolución-.
Convocatoria proba teórica
Convócase aos aspirantes admitidos (tanto peóns como oficial albaneis:
- Data: mércores 23.08.2017
- Horario: ás 09.30 h
- Lugar: salón de plenos da casa consistorial do Concello de Fene.
A continuación da realización da proba teórica realizarase a proba práctica de oficial albanel, e de ser o caso a de galego, conforme ás indicacións e nos horarios que o tribunal indique aos aspirantes na realización da proba teórica.
Os aspirantes deberán presentarse provistos do DNI así como, se o consideran, roupa de traballo para a realización de proba práctica.
Convocatoria proba práctica
Convócase aos aspirantes ás prazas de peóns
- Data: xoves 24.08.2017
- Horario: ás 09.00 h
- Lugar: nave de San Paio (rúa Porto do Río, Fene)
Descargas
Noticias relacionadas
- Baremación da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal: 6 peóns e 1 oficial albanel
- Lista definitiva de admitidos e excluídos para a contratación de persoal laboral temporal, 6 peóns, 1 oficial albanel
- Lista provisional de admitidos e excluídos para a contratación de persoal laboral temporal, 6 peóns, 1 oficial albanel
- Contratación de persoal laboral temporal, 6 peóns e 1 oficial albanel