02-05-2018

O Concello promove obradoiros de educación alimentaria nos centros escolares de Fene

Conseguir a adopción de hábitos saudables a través de coñecementos básicos sobre alimentación, ademáis de concienciar e educar sobre os beneficios que aporta o consumo consciente e responsable e os problemas e consecuencias que se derivan do abuso de determinados alimentos e bebidas e o sedentarismo son os obxectivos dos obradoiros de educación alimentaria “Balancéate!” que organizará ó longo do mes de maio o Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social, e coa colaboración de centros educativos e ANPAS.
22-03-2018

Cinensino trae aos centros escolares de Fene "Hermanos del viento" e "El profesor de violín"

Cinensino é un programa dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO que pretende servir de apoio na prevención de codutas adictivas de todo tipo entre a rapazada e a adolescencia.
20-03-2018

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade programa un obradoiro para potenciar a autoestima da mocidade

"Construíndo unha autoestima positiva e unha imaxe corporal diversa en familia" forma parte da programación de educación familiar que se desenvolve ao longo do ano dentro do Plan de Promoción da Saúde e Prevención de condutas adictivas promovido pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene.
12-03-2018

Rapazas de conto

Alumnado de 1º a 4º de primaria do CEIP Centieiras de Fene, CEIP Plurilingüe O Ramo de Barallobre, CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños, CIP A Xunqueira de San Valentín e Colexio Jorge Juan de Perlío participará nunhas sesións de contos pola igualade a cargo de Marisa Irima. A actividade desenvolverase en horario escolar nos propios centros os días 12, 13 e 14 de marzo.
09-03-2018

Recoñecemento ás lavandeiras de Fene

Hoxe venres 9 de marzo, ás 18.00 h, a Casa da Cultura acollerá unha charla coloquio sobre o labor das nosas lavandeiras, o seu traballo, as súas vidas...
Con este acto, o Concello de Fene, a través da súa Concellería de Benestar Social e Igualdade, quere recoñecer publicamente a estas mulleres, as LAVANDEIRAS, nos actos conmemorativos do 8 de Marzo, “Día Internacional da Muller”.
08-03-2018

8 de Marzo, Día Internacional da Muller

O Pleno Municipal celebrado o día 1 de marzo de 2018, aprobouse por maioría o Manifesto Institucional do “Día Internacional da Muller”, no que, entre outras cousas, recolle que o Concello de Fene apoia a convocatoria desta folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.

Do mesmo xeito, o Concello de Fene realiza un chamado a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego e a secundar a manifestación nacional unitaria.
06-03-2018

Eternamente expostas tras un vidro

O mércores 7 de marzo, ás 19:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura, teatro O Escaparate: “Eternamente expostas tras un vidro”.
Actos enmarcados na programación  do 8 Marzo "Día Internacional da Muller"
04-03-2018

Actos conmemorativos 8 Marzo, "Día Internacional da Muller"

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade invita a toda a cidadanía a participar nos actos que terán lugar no Concello de Fene co gallo da conmemoración do “Día Internacional da Muller”.
19-02-2018

O programa para persoas maiores “Tardes Activas” inicia os seus obradoiros itinerantes ao longo desta semana

Tardes Activas é un proxecto incluído no programa de Envellecemento activo que vén desenvolvendo a Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene, co obxectivo de que as persoas que xa están na madureza poidan encher parte do seu tempo libre con actividades encamiñadas a manter esperta a cabeza. O programa é itinerante e prolongarase desde esta semana até o mes de decembro con propostas centradas na memoria, pero tamén no coñecemento do municipio, xa que nun dos obradoiros os avós e avoas deseñarán rutas turísticas que despois percorrerán facendo de guías para o alumnado dos centros de ensino. Todas as sesións irán comezando nos distintos locais sociais do territorio durante esta semana.
26-01-2018

Compartimos Plan

O Departamento de Igualdade do Concello de Fene Colabora coa Deputación Provincial de A Coruña no Proxecto COMPARTIMOS PLAN.