A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 2 de febreiro e o 12 de marzo, diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas dos municipios coruñeses nados entre os anos 2003 e 2007.
Ao redor dun cento de ximnastas tomarán hoxe venres, 22 de decembro, nun novo Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra. O evento comezará ás 19.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre). Entrada libre.
Carreira inlcuída do Circuito da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverá polas rúas do termo municipal a partir das 17.00 horas o sábado 30 de decembro de 2017.
A Corporación Municipal de Fene homenaxeou o pasado venres aos deportistas das escolas e clubs feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017. No acto, celebrado nas instalacións do CCRD de Perlío, recoñeceuse tamén o traballo dos deportistas feneses que, aínda pertencendo a outros clubs da bisbarra, acadaron podio en competicións oficiais a título individual.
O acto terá lugar no Círculo de Perlío este venres ás 19.30 horas. A homenaxe ten como obxectivo salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o recoñecemento por parte da Corporación Municipal de Fene
As persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas libres, poderán facelo até o venres 20 de setembro de 08.30 a 14.00 h no Pavillón A Xunqueira.