Novas

05-12-2016

Máis dunha vintena de actividades culturais e deportivas compoñen a programación do Nadal

As Concellarías de Cultura, Ensino, Xuventude e Deportes teñen xa a punto a programación de actividades para o Nadal. Son máis dunha vintena de eventos entre música, teatro, obradoiros para todas as idades, exposicións e propostas deportivas cun enfoque lúdico que se irán solapando desde o 10 de decembro ata ben pasado o día de Reis.
30-11-2016

Fene destina 82.500 euros a colaborar coas entidades sociais e deportivas do municipio

O Boletín Oficial da Provincia deste mércores 30 de novembro publicou as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para as entidades sen ánimo de lucro do municipio. En total distribuiranse 82.500 euros entre as organizacións veciñais e socioculturais, as deportivas e as ANPAs dos centros educativos para axudarlles cos gastos en actividades desenvolvidas durante a anualidade de 2015. O prazo para presentar a documentación finaliza o próximo 16 de decembro e toda a información sobre o procedemento está dispoñible na web municipal, www.fenecidadan.gal.