Valoración de méritos lista de aspirantes admitidos técnico de administración xeral
27-07-2017
O tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a técnico de administración xeral segundo as bases aprobadas mediante Resolución da alcaldía 638/2017, nomeado mediante Resolución de alcaldía 759/2017 en sesión do 26.07.2017 atendendo a emenda presentada por Marta García Ramón, procedeu a valorar de forma definitiva os méritos dos aspirantes admitidos ó proceso selectivo.
Á vista do que antecede, o tribunal acordou:
PRIMEIRO.- Publicar a baremación definitiva do concurso no taboleiro de edictos e páxina web do Concello, con indicación de que fronte a este acordo, acto de trámite cualificado que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes dende a súa publicación no taboleiro de edictos do Concello ou na páxina web do Concello ante o tribunal de selección ou ante o alcalde do Concello de Fene -órgano competente para a súa resolución-.
SEGUNDO.-Manter a convocatoria dos aspirantes ao primeiro exercizo da fase de oposición que terá lugar ás 9.30 h no salón de Plenos da Casa Consistorial o día 28.07.2017.
Deberán acudir provistos de DNI e permitirase a utilización de textos legais/normativos non comentados.